InicioMOV. SOCIAISOs traballadores do guindastre e O.R.A. comezan a folga

Os traballadores do guindastre e O.R.A. comezan a folga

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tras un ano de negociación infrutuosa, os traballadores dos servizos de Grúa e O.R.A. da Coruña veñen de anunciar as primeiras xornadas de folgas. Así informaban onte durante as concentracións que veñen realizando estas semanas (luns, mércores e venres) na Rúa Fernández Latorre, diante da sede da empresa Setex Apark, deixando claro os primeiros paróns os 7, 14 e 28 de febreiro.

Segundo Adrián López, Delegado de UTE Grúa Coruña, “a negociación do convenio provincial está bloqueada. Nós fixemos achegamos e a patronal non fai esforzos”. Explica que a meirande demanda do colectivo traballador é ir recuperando o poder adquisitivo perdido durante estes 10 anos nos que non se actualizou o convenio. “Tendo en conta o IPC actual consideramos que perdemos ata un 12% do poder adquisitivo. Non pedimos chegar aí, pero si recuperar un pouco, pero as propostas empresariais nin se asemellan”.

Quéixanse ademais das “ameazas” por parte da patronal, como un “escrito ameazante de Setex Parki coincidindo co comunicado da folga”. “Non pararemos ata que a Patronal nos escoite e atenda ás reinvidicacións, e pedimos desculpas de antemán á cidadanía e aos concellos que se poden ver afectados pola folga”, advirten.

ÚLTIMAS

Declarada de interese prioritario unha planta de biotecnoloxía de produción de proteínas en Curtis

O Consello da Xunta deu luz verde á declaración como iniciativa empresarial prioritaria dunha planta de...

PSOE e BNG inician a negociación do orzamento municipal co compromiso de que entre en vigor en xaneiro

O concelleiro de Economía e Planificación Urbana e portavoz do goberno municipal no Concello da...

O xuízo polo asasinato de Diego Bello comezará en outubro en Manila

A familia de Diego Bello, o mozo falecido na illa de Siargao, en Filipinas,...

Inés Rey descarta restricións tras a alerta de seca lanzada onte pola Xunta

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apelou a facer un uso responsable da auga e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here