InicioSOCIEDADEUn xulgado denega a construción dun muro de contención nunha leira dun...

Un xulgado denega a construción dun muro de contención nunha leira dun familiar do alcalde de Cambre

Publicada o

Por europapress

O xulgado do contencioso administrativo número 2 da Coruña deu a razón á Deputación da Coruña na demanda presentada por un particular, familiar do alcalde de Cambre, Óscar García Patiño; que pedía que o proxecto de remodelación dunha estrada no municipio coruñés mantivese a idea inicial de construír un muro de contención nun punto lindeiro a unha leira da súa propiedade.

A sentenza, emitida o pasado 21 de marzo e á que tivo acceso Europa Press este martes, desestima o recurso deste particular que pedía a anulación dun acordo plenario aprobado en decembro de 2020 pola institución provincial coruñesa que modificaba un proxecto incluído nun plan de 2018 para mellorar a seguridade viaria e construír estradas no lugar da Patiña, na estrada que une Cambre e Carral.

O proxecto inicial, dotado con 136.436 de orzamento e que contemplaba a construción do muro de contención, foi modificado despois da aprobación en pleno dunha moción de Alternativa dos Veciños que propuña cambiar a idea inicial para prescindir desa actuación e proceder á corrección do trazado a través da demolición dunha vivenda en ruínas.

Agora, nun fallo contra o que cabe recurso de apelación, a justica estima válido o acordo plenario da Deputación para cambiar o proxecto e impón o pago das costas ao demandante.

Nun comunicado, Alternativa dos Veciños lamentou que o Concello de Cambre “quixese investir no muro dun familiar do alcalde” case 43.000 euros, o que cualificou de “vergoña” que, din, “por desgraza sucede en Cambre e en moitos outros concellos”.

ÚLTIMAS

“Aquí tamén se fala” convértese en Festival!

Impresionante o traballo normalizador que está a realizar o IES Rafael Dieste. Co alumnado...

O conflito laboral en Jardincelas volve ás rúas de Cambre e Culleredo

Parecía, aló por febreiro, que o conflito laboral en Jardincelas ía camiño de solucionarse....

Cambre será sede dunha nova estación loxística de Amazon

Amazon abrirá unha nova estación loxística en Cambre. Este centro, que terá máis de...

Un tren da liña A Coruña e Vigo sofre un conato de incendio que provoca un atraso de 40 minutos

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...