InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIODefensa do Común atribúe á mobilización cidadá a declaración como BIC da...

Defensa do Común atribúe á mobilización cidadá a declaración como BIC da Casa Cornide

Publicada o

Por editor
Primeiras reaccións á decisión do Consello da Xunta de declarar a Casa Cornide como BIC (Ben de Interese Cultural). “A petición reiterada na rúa no trascurso de tres Marchas Cívicas protagonizadas por esta plataforma cívica e que contou coa participación de diversas personalidades da cultura que desenvolveron un capítulo de actos lúdico-festivos escenificando a farsa” foi clave para esta decisión, consideran.
Lembra que “a adquisición da Casa Cornide foi unha operación de Estado urdida durante anos e que se saldou cunha poxa-farsa previamente amañada co fin de evitar que aparecera diante da opinión pública como unha simple trasmisión dunha propiedade pública a unha persona privada como é Carmen Polo, esposa de Franco. Pedro Barré gaña esa poxa e vende o inmobel a Carmen Polo por 25.000 pesetas”, explican.
Defensa do Común lamenta a tardanza desta tramitación por parte do executivo autonómico xa que o expedente presentado polo Concello da Coruña data do 14 de maio de 2021 a pesar das reiteradas peticións para su axilización, circunstancia que posibilitou que “a familia Franco utilizara o histórico inmóbel ao seu antoxo”.
Defensa do Común considera que “A Coruña ten dereito a recuperar unha propiedade que forma parte do patrimonio histórico-cultural da cidade, mais tamén o optimismo, a saber que as institucións públicas empregaranse con enerxía contra quenes continúan considerando o común como fonte inesgotábel de plusvalías”. Para impedilo, Defensa do Común anuncia estar disposta a seguir chamando á mobilización coa convocatoria da IV Marcha Cívica.

ÚLTIMAS

Olladas doutro tempo: Santa Cristina

A Pasaxe da Foz era o nome que se empregaba antigamente para referirse ó...

O traballadores da limpeza de Cambre e Culleredo volveron levar ás rotondas as súas reivindicacións laborais

Volve a actualidade conflito laboral en Jardincelas. Lonxe de solucionarse, o conflito laboral dos...

“Aquí tamén se fala” convértese en Festival!

Impresionante o traballo normalizador que está a realizar o IES Rafael Dieste. Co alumnado...

Esquerda Revolucionaria acusa ao PP da Coruña de ser coma Vox por tentar prohibir un acto sobre Lenin

A portavoz de Esquerda Revolucionaria na Coruña, Beatriz García, denunciou unha "campaña matonil" do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here