InicioOPINIÓNA ciencia gratuíta na rúa

A ciencia gratuíta na rúa

Publicada o

Por Ricardo Vales

A ciencia, como actividade intelectual con dimensións sociais complexas, está hoxe dentro dun debate cheo de tensións procedentes de correntes enfrontadas de pensamento. Comprobámolo coa pandemia con simplificacións e paradoxas protagonizadas por personaxes públicos que non resistiron a tentación de cuestionar ás recomendacións científicas, mais que contaron con ampla proxección mediática. O oportunismo político, mesmo en cuestións tan sensibeis como a ciencia, encubre unha rixidez de fondo, isto é, a da dominación sempre reproducida, Aínda que a ciencia sole identificarse cun reducto de especialistas fechados nos seus laboratorios, A Coruña leva 27 anos sacandoa á rúa, baixo a denominación do Día da Ciencia na Rúa, que se celebrará o vindeiro sábado, día 6 de maio. O parque de Santa Margarida converterase no lugar indicado para que 49 centros educativos da xeografía galega, xunto a organismos científicos como o Inibic do Chuac, a Universidade e o laboratorio do Instituto Oceanográfico desborden coas súas experiencias algúns dos descobrementos capitais relacionados coa ciencia nas súas múltiples variantes. Exhibición de xiroscopios xigantes, un hotel de insectos, ilusións ópticas, métodos destinados a producir electricidade con patacas, extración de ADN dun plátano ou diversos proxectos de robótica son só algunhas das ofertas que os asistentes poderán comprobar. E, por suposto, tamén poderán visitar a Casa das Ciencias e o Planetario, así como a Domus e o Aquarium Finisterrae, coincidindo coa Xornada de Portas Abertas, conmemorativa do Día da Ciencia na Rúa.

Dia da Ciencia na rua 2022
Día da ciencia
A iniciativa, auspiciada conxuntamente polos Museos Científicos Coruñeses, a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Cátedra Emalcsa-UDC, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, pretende fomentar centros de convivencia e animación en torno á ciencia para que os rapaces, mais tamén os adultos, teñan conciencia do seu significado podendo consultar súas dúbidas a auténticos investigadores. Nun momento no que científicos de todo o mundo levan anos alertando sobre o progresivo desgaste das principais formas de vida do noso planeta, causadas principalmente polas crecentes e desordenadas demandas da humanidade, mais tamén pola contaminación dos mares, o efecto invernadoiro ou carreira nuclear, a sensibilización cidadá adquire unha maior relevancia. En definitiva, que as grandes cuestións científicas non sexan aínda obxeto de conversación en charlas de café, cecais sexa posíbel que chegue a tales extremos si o interés do público segue aumentando e experiencias como a do Día da Ciencia na Rúa seguen a estimular a curiosidade da cidadanía,
Ricardo Vales é xubilado do laboratorio da Coruña do Instituto Oceanográfico.

ÚLTIMAS

Esquerda Revolucionaria acusa ao PP da Coruña de ser coma Vox por tentar prohibir un acto sobre Lenin

A portavoz de Esquerda Revolucionaria na Coruña, Beatriz García, denunciou unha "campaña matonil" do...

“Aquí tamén se fala” convértese en Festival!

Impresionante o traballo normalizador que está a realizar o IES Rafael Dieste. Co alumnado...

Catro detidos tras un novo apuñalamento na zona de copas do Orzán

Catro persoas foron detidas esta madrugada tras o apuñalamento dun home na Coruña, na...

O conflito laboral en Jardincelas volve ás rúas de Cambre e Culleredo

Parecía, aló por febreiro, que o conflito laboral en Jardincelas ía camiño de solucionarse....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here