InicioCULTURAProgramación especial da exposición de Picasso con motivo do Día Internacional dos...

Programación especial da exposición de Picasso con motivo do Día Internacional dos Museos

Publicada o

Por editor

A Xunta organiza esta semana unha programación especial ao redor da exposición ‘Picasso branco no recordo azul‘ con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, que se conmemora este xoves, día 18.

O Museo de Belas Artes da Coruña terá horario de apertura extraordinaria o mércores, de 10,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 20,00; e o sábado, que se prolongará ata as 23,30 por ser ‘a noite dos museos’.

Así mesmo, realizaranse visitas guiadas especiais e actividades paralelas á citada exposición que repasa a pegada galega na traxectoria do artista malagueño. A mostra ‘Picasso branco no recordo azul’ enmárcase na programación oficial da ‘Celebración Picasso 1973-2023’, impulsado polo Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional para a Conmemoración do 50º aniversario da morte do creador.

ÚLTIMAS

Interceptan a un condutor que se deu á fuga en Culleredo tras chocar con tres coches

A Policía Local de Culleredo logrou dar co condutor que supostamente se deu á...

A AC Alexandre Bóveda afonda sobre a realidade Palestina

Non para a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, coa programación de marzo e abril absolutamente...

Conversa con RJ Junior, promotor do Go! Electronic Festival

A finais de verán temos na comarca veciña festival de música tecno. O 13 e 14...

Conclúe a V Semana do Cinema Galego cunha media de máis de 300 espectadores por xornada no Teatro Colón

A V edición da Semana do Cinema Galego, que se celebrou entre os días...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here