InicioDEPORTESA enseada do Orzán volverá converterse nun circuito estatal de traiñeiras

A enseada do Orzán volverá converterse nun circuito estatal de traiñeiras

Publicada o

Por editor

Volverá lucir esta fin de semana a enseada de Riazor e Orzán coas mellores galas para acoller a VII e VI Bandeira Cidade da Coruña de traiñeiras. Será, ademais, o inicio da Eusko Label Liga masculina e da Euskotren Liga feminina, a competición máis seguida e multitudinaria deste deporte.

Serán un total de 20 equipos (12 masculinos e 8 femininos) os que participen esta cita deportiva de primeiro nivel.

A primeira xornada, a do sábado 1 de xullo, comezará ás 17.30 horas coa primeira quenda das dúas previstas da VI Bandeira Cidade da Coruña, a categoría feminina. Ás 18.26 horas está previsto que comece a primeira quenda das tres previstas da VII Bandeira Cidade da
Coruña, a categoría masculina. A segunda e definitiva quenda será o domingo pola mañá, co comezo da categoría feminina ás 11.25 horas e a masculina ás 12.21 horas. Na categoría feminina, denominada Euskotren Liga, os equipos participantes percorrerán 1,5 millas mariñas, un total de 2.778 metros, no conxunto das quendas, mentres que na categoría masculina, denominada Eusko Label Liga, percorreranse un total de 3 millas mariñas e 5.556 metros.

O escenario desta competición será a enseada do Orzán, cun percorrido lineal que transcorrerá entre un punto á altura das Escravas e outro á altura do Millennium.

Quendas Eusko Label Liga

  • Quenda 1: Hondarribia, Samertolameu-Fandicosta, Ondarroa Cikautxo e Kaiku Berez
    Galanta.
  • Quenda 2: Orio Oriaki, Getaria, Lekittarra-Elecnor e Zierbena Bahías de Bizkaia.
  • Quenda 3: Itsasoko Ama Santurtzi, C.R. Cabo da Cruz, Amenabar Donostiarra, Bermeo Urdaibai.

Quendas Euskotren Liga

  • Quenda 1: Nortindal Donostiarra, Donostia Arraun Lagunak, SD Tirán Pereira, Tolosaldea Arraun Kluba.
  • Quenda 2: Hondarribia Bertako Igogailuak, Orio Orialki, Hibaika Jamones Ancin, C.R. Cabo da Cruz.

ÚLTIMAS

Aberta a Casa dos Xoguetes para fomentar a economía circular por Nadal

Non hai outra época tan consumista como o Nadal. Para intentar calmar conciencias, para...

Prendidas 3 millóns de luces do nadal coruñés

Pablo, Etienne, Hugo e Lorena foron os encargados este ano de prender os máis...

Concello da Coruña e Xunta apelan á fortaleza do audiovisual na XVII edición de ‘Ideas para Producir’

O Concello da Coruña e a Xunta apelaron á fortaleza do audiovisual galego na...

Miranda (BNG) afirma que o final das obras de dragado da ría do Burgo será cando se volva a mariscar

A eurodeputada do BNG Ana Miranda asegurou que o final das obras de dragado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here