InicioCAMBREProblemas cunha praga de ratas no Temple

Problemas cunha praga de ratas no Temple

Publicada o

Por editor

Esta semana houbo varias denuncias pola presenza de ratas nas zonas onde se están a realizar os traballos de dragado da ría, así como na praza Manuel Murguía, onde se atopan varios colectores soterrados. “Non estamos ante unha praga en si mesma, estamos ante unha situación que se agravou polas obras de dragado na ría e o importante é que estamos solucionando para o benestar de todos”, aseguran dende o Concello.

En calquera caso, o Concello de Cambre asegura que aumentará os labores de limpeza e vixilancia no Temple. A empresa encargada destes traballos actuará cada 15 días en determinadas zonas críticas polo menos ata finais de ano, desenvolvendo a “desratización realízase en lugares non accesibles ao público, como pozos ou sumidoiros, por todo o que supón para a nosa saúde”, subliñan.

Na actualidade realizáronse controis e desratizacións nas rúas Constitución, Vicente Risco, Ramón Cabanillas ou Emilia Pardo Bazán, ademais da praza Manuel Murguía. De feito, o avistamento de ratas neste último lugar foi maior debido aos colectores subterráneos atopados alí.

 

 

 

ÚLTIMAS

A Audiencia da Coruña condena a 27 anos de cárcere ao home que asasinou dun disparo a unha muller en Oza-Cesuras

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña, de acordo co veredicto de culpabilidade...

O Parlamento galego pide solucións para os traballadores de Alu Ibérica na Coruña

A Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento de Galicia aprobou este xoves...

Constituído o consello reitor da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial

A Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, pertencente ao Ministerio de Transformación Dixital, anunciou...

O Cinema Rabudo, a Mostra de Audiovisual Inconformista, volve unha ano máis ao Fórum

O Cinema Rabudo, a Mostra de Audiovisual Inconformista, volve unha ano máis ao Fórum Metropolitano...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here