InicioCULTURANa procura dun mausoleo para a tumba perdida de Manuel Murguía

Na procura dun mausoleo para a tumba perdida de Manuel Murguía

Publicada o

Por editor
1º de febreiro de 1923 falecía Manuel Martínez Murguía, unha figura clave do
rexurdimento na reconstrución da identidade de Galicia. Sobre os seus traballos de
investigación histórica e propostas para o autogoberno edificouse o pensamento político
de Galicia que outros do seu tempo e posteriores haberían completar.
Por iso, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística no marco das actividades anuais que desenvolve arredor da convocatoria do Día da Restauración da Memoria Lingüística solicitou do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e Xunta de Galicia que, co gallo do centenario do pasamento do fundador do pensamento
galeguista, que terá lugar o vindeiro día 23 de febreiro de 2023, se constrúa sobre a
tumba de Manuel Murguía “un mausoleo digno e acorde coa figura senlleira que alí xace“.
Máis dun cento de xuristas, empresarios, xornalistas, funcionarios, avogados ou maxistrados, entre outros, asinan esta petición que para esta asociación supopón “un exercicio modélico de restauración da memoria  lingüística“. Actualmente, a súa campa no Cemiterio de San Amaro da Coruña, cunha fasquía descoidada, identifícase cunha simple cruz de mármore e unha inscrición en castelán que lle puxeron os seus fillos.
A poucos metros dese sartego levántanse varios mausoleos de arquitectura solemne, entre eles o de don Manuel Lugrís Freire, que fora tamén presidente da Real Academia Galega. Precisamente, Murguía foi inspirador da creación da Real Academia Galega e, unha vez constituída, presidíuna durante varios anos.
“Dí o dicionario que restaurar é poñer unha cousa no estado ou estimación que tiña antes. Ese foi o gran labor de Murguía: devolverlle a Galicia a identidade que fora perdendo polos avatares da historia. Grazas a súa teimosía, a súa muller, Rosalía de Castro, converteuse en mito que encarna as esencias identitarias da nación galega”, apunta o impulsor da proposta, o lingüista Xosé González.
Acutalmente, o Concello da Coruña é o dono da tumba de Murguía por doazón testamentaria que ao seu favor realizou Gala, a única filla que sobreviviu.

ÚLTIMAS

A Fundación Érguete recibe o premio de Boas Prácticas da UNAD convertindo usuarios con adiccións en Axentes de Saúde

A Fundación Érguete-Integración vén de recibir o primeiro premio dentro do espazo de Boas...

Piden a revocación da DIA do Parque Eólico das Encrobas por “graves erros” na documentación

Coa mobilización do vindeiro 23 de abril xa no calendario, a comarca segue loitando...

  O vello asilo de anciáns reaparece na memoria da cidade

O edificio "Citania", propiedade de Vivienda Confort, na rúa Adelaida Muro, acadou nos últimos...

Incautados 235,60 Kg de ourizo

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña incautou 235,60 Kg de ourizos...