Xornal de Coruña é o primeiro gran xornal dixital en galego da Coruña e a súa área metropolitana. Centrado nunha das principais urbes galegas tenta abordar a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social de todo a área coruñesa Prestará especial atención aos movementos sociais, ao medio ambiente e ao patrimonio e tentará tamén dar voz aos concellos de Cambre, Culleredo, Oleiros e Arteixo e tamén da zona das Mariñas.
Xornal da Coruña nace, ademais, asociado a Galicia Confidencial, o principal medio dixital en galego e un dos máis importantes no panorama mediático de Galicia, e de Que Pasa na Costa, decano dos dixitais comarcais do país e o principal referente da información dixital da Costa da Morte. Está editado por Xurimaru Servizos de Comunicación que lle dará soporte informativo, comercial e técnico.
Ambos os tres contan cun acordo para intercambiar información e publicidade a través da plataforma Novobanner
Xornal da Coruña é dirixido e coordinado por Xurxo Salgado e Ubaldo Cerqueiro e conta con diversos colaboradores profesionais e opinadores.
Contacto Xornal da Coruña:
redaccion[@]xornaldacoruña.gal