InicioPOLÍTICAJorquera, candidato do BNG: "A Coruña necesita impulso e ambición"

Jorquera, candidato do BNG: “A Coruña necesita impulso e ambición”

Publicada o

Por europapress

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou á formación nacionalista como un “modelo referente na xestión municipal“, na presentación do seu actual portavoz no consistorio coruñés, Francisco Jorquera, como candidato á Alcaldía da Coruña.

Foi nun acto ante distintos representantes sociais nos que Jorquera indicou que o BNG concorrerá ás eleccións municipais como “alternativa” e co obxectivo de gobernar. “A Coruña necesita impulso e ambición”, sentenciou.

Ademais, reivindicou a necesidade dun “proxecto de cidade” pra abordar cuestións como “a limpeza, a xestión de residuos, a mellora de liñas de buses…”, citou, entre outros exemplos, ao cuestionar a xestión a este respecto do goberno local socialista. “Impulsar outro modelo de mobilidade para pór aos barrios no centro”, sinalou tamén nunha intervención na que manifestou a vontade do BNG de gobernar e converterse nun “goberno local esixente con outros gobernos”.

Ademais, na súa intervención, avanzou que agora se procederá á elaboración da candidatura “cun marcado perfil social”, así como do programa do BNG para a cidade da Coruña “con diálogo da sociedade”.

“O DELEGADO DOS VECIÑOS”

Mentres, Ana Pontón remarcou que, de ser elixido alcalde, Jorquera será o “delegado dos veciños”. “Non da Xunta nin do Goberno”, dixo cuestionando o papel a este respecto de rexedores do PP e do PSOE e o “servilismo a Ferraz e a Xénova”.

“Non tolerará que o Estado condone a débeda ao porto e que aquí o paguen os veciños”, engadiu sobre o futuro dos peiraos. “Ou que o Estado transfira o cárcere sen garantir a rehabilitación”, apostilou sobre a antiga prisión provincial.

Ademais, puxo como exemplo da xestión municipal do BNG a cidade de Pontevedra. De Jorquera, manifestou tamén que é “unha alternativa clara para afrontar o declive destes anos” cun “proxecto novo” baseado no “diálogo e a ambición”.

ÚLTIMAS

Inés Rey comeza a negociar os orzamentos do 2027 co BNG, que denuncia “incumprimento” nos deste ano

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, emprazou a negociar o orzamento de...

As familias das Escolas Infantís saen á rúa: “Non é unha simple licitación: estamos a falar de educación”

As familias das Escolas Infantís Municipais da Coruña concentraranse este sábado 26 de setembro...

“Por todas as Maricarmen” e “Fondos voitre fóra de aquí”

Centos de persoas acodían esta pasada tarde de xoves á subdelegación do goberno para...

FAVA denuncia os problemas do transporte metropolitano dependente da Xunta 

Son moitas as queixas sobre o transporte metropolitano, o transporte público que xestiona a...