InicioSOCIEDADEA Policía Nacional culmina o día 28 na Coruña os seus actos...

A Policía Nacional culmina o día 28 na Coruña os seus actos conmemorativos

Publicada o

Por europapress

As actividades organizadas para conmemorar o Día da Policía culminan o día 28 na Coruña cun acto central na praza de María Pita, ao que está previsto a asistencia do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska.

Desta forma, concluirá unha programación que se iniciou o pasado xoves, día 22, coa inauguración da exposición ‘Medios e Museo da Policía’, destinada a que a cidadanía poida coñecer os diferentes vehículos policiais históricos actuais, así como visitar diferentes postos das principais unidades policiais.

A mostra, ao aire libre, na que se poderán contemplar tambíén un helicóptero e camións da Policía Científica, clausurarase tamén o día 28. Ata a data, a programación incluíu un concerto didáctico infantil ‘Música e Policía’, a cargo da Banda Sinfónica da Policía Nacional.

Tamén un espectáculo de exhibición policial este sábado, no Coliseum, no que se realizarán demostracións operativas coa participación de medios aéreos, guías caninos, cabalaría, TEDAX-NRBQ, os GEO e tamén unidades de Seguridade Cidadá.

‘HEROES DO ORZÁN’

Tamén este sábado, ás 22,00 horas, a Coraza do Orzán será o punto de saída da carreira nocturna ‘Ruta 091, polos heroes do Orzán’, en homenaxe aos policías nacionais Javier López, Rodrigo Maseda e José Antonio Villamor, falecidos nas augas da praia do Orzán gai dez anos ao tentar salvar o estudante eslovaco Tomas Velicky, que tamén perdeu a vida.

O luns 26, e en sesións de mañá e tarde, o paraninfo da Universidade da Coruña acollerá un ciclo de conferencias que achegará ao público os avances experimentados polo corpo policial na loita contra a ciberdelincuencia, así como as emerxencias a nivelautonómico en Galicia e tamén as relacións diarias da Policía Nacional cos medios de comunicación.

Coincidindo con esta conmemoración, o día 27 entregaranse os Premios Fundación Policía Española 2022 nas súas categorías de ‘Valores Humanos’ e ‘Xornalismo’. O acto de entrega será no Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco). O peche será o acto central do mércores, día 28, na praza de María Pita, coa participación de formacións estáticas e dinámicas das unidades do corpo policial.

Nel, imporanse as condecoracións ao mérito policial a integrantes da Policía Nacional e a persoas que destacaron na súa contribucion á mellora da imaxe policial. Ademais, distinguirase a integrantes doutras forzas e corpos de seguridade e outorgaranse mencións honoríficas a cans que prestan o seu servizo na unidade de guías caninos da Policía Nacional.

ÚLTIMAS

Convocan unha concentración no Foro Económico para esixir a titularidade pública dos peiraos de San Diego e Petroleiro

O colectivo Defensa do Común, que aínda onte lideraba un escrito asinado por 30...

O Goberno local levará ao próximo pleno o procedemento para reclamar a titularidade da Casa Cornide

Coa presión da oposición e mesmo da Xunta, o Goberno local dá un paso...

Rueda asegura que “se tomarán todas as medidas” necesarias para “facer cumprir a lei” na Casa Cornide

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou que o Goberno galego tomará...

A plataforma AGalega estrea ‘Curando o mundo’, a serie documental sobre o cirurxián coruñés Diego González

A plataforma dixital AGalega estrea este martes os dous primeiros capítulos da serie documental 'Curando...