InicioCULTURAA alcaldesa da Coruña lánzase a bailar nos ensaios dun musical benéfico...

A alcaldesa da Coruña lánzase a bailar nos ensaios dun musical benéfico e “100% coruñés”

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sumouse este fin de semana como unha bailarina máis aos ensaios dun musical benéfico e “100% coruñés” que destinará parte da súa recadación a apoiar familias en risco de exclusión social.

A rexedora participou estes días nunha das coreografías que prepara o elenco do espectáculo ‘Avanoa, o musical’, que encara a recta final dos ensaios nunha nave do polígono de Pocomaco antes da súa estrea o próximo 6 de outubro no Teatro Colón despois de dous anos de preparación condicionada polo dovid.

Composto e escrito por Juan José López, Gabriel Neto e Arturo Bermúdez, este músical pretende exercer de “escaparate” do talento da cidade herculina, pois todo o elenco, desde a repartición a músicos ou figuración, procede da Coruña.

Os beneficios do musical e a recadación íntegra da fila cero destinaranse ao ‘Programa Invisibles’ da Asociación Participa, unha iniciativa centrada en visibilizar a familias coruñesas en risco de exclusión social que, antes da crise sanitaria, nunca tiveran que recorrer aos servizos sociais.

ÚLTIMAS

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...