InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA Xunta suma o RC Deportivo da Coruña á 'Alianza galega polo...

A Xunta suma o RC Deportivo da Coruña á ‘Alianza galega polo clima’

Publicada o

Por europapress

A Xunta sumou o Real Club Deportivo da Coruña á ‘Alianza galega polo clima’ e convértese así no primeiro club de fútbol en adherirse a esta iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que ten como obxectivo “unir esforzos para situar Galicia á cabeza das rexións europeas na loita contra o cambio climático”.

Segundo asegurou a conselleira Ángeles Vázquez, a Xunta como administración ten marcado como obxectivo estratéxico conseguir a neutralidade climática en 2040, 10 anos antes do establecido pola Unión Europea. Así mesmo, destacou que Galicia é unha das tres comunidades que máis diminuíu as súas emisións respecto de 1990. De feito, engadiu, os gases de efecto invernadoiro reducíronse en 2020 nun 35,9% respecto dos datos de hai 30 anos.

Nunha nota de prensa, a Consellería sinalou que a ‘Alianza galega polo clima’ supón asumir as liñas estratéxicas marcadas polo Goberno galego nesta materia e nunha serie de deberes como establecer accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambiou climático na comunidade, fomentar o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica sobre este tema, promover e apoiar a investigación vinculada ao clima e acelerar o desenvolvemento e a difusión de tecnoloxía para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións.

Así, Ángeles Vázquez incidiu en que “a mitigación do cambio climático é cousa de todos” e trasladou o seu convencemento de que a masa social do Deportivo se vai comprometer, o que suporá “unha forza moi importante” para alcanzar os obxectivos pretendidos.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...