InicioA CORUÑA118.000 persoas practican sendeirismo polo menos unha vez ao ano na provincia...

118.000 persoas practican sendeirismo polo menos unha vez ao ano na provincia da Coruña

Publicada o

Por editor
118.000 persoas practican sendeirismo polo menos unha vez ao ano na provincia da Coruña. De xeito máis habitual, en torno a unha vez ao mes, son 66.000 persoas quen desenvolven este deporte, 35.000 deles homes e 31.000 mulleres. Son cifras extraídas do Anuario de Estatísticas Deportivas 2022 do Ministerio de Cultura e Deporte e as Enquisas de Hábitos Deportivos recollidas polo INE.
A diferenza doutros deportes, as disciplinas relacionadas coa montaña teñen máis adeptos entre as persoas maiores de 55 anos que entre a mocidade entre 15 e 24 anos. Na provincia da Coruña, o número de sendeiristas por encima de 55 anos rolda a cifra de 20.500, mentres que no rango de idade entre 15 e 24 anos queda nuns 8.000. O resto, unhas 37.500 persoas, teñen entre 25 e 54 anos.
160.000 persoas teñen, comparten ou poden tomar prestada unha tenda de campaña na provincia. Un equipamento, a tenda de campaña, que adoita empregarse en rutas longas que requiren de maior preparación. Con todo, o acceso a material relacionado co montañismo é mesmo maior, de 220.000 persoas na provincia da Coruña.
Por último, en Galicia houbo, en 2021, 6.578 licenzas deportivas de ‘Montaña e Escalada’, das que 4.061 pertencían a homes e 2.517 a mulleres. Hai que ter en conta que os sendeiristas, a pesar de non ser necesariamente considerados “escaladores” ou “alpinistas”, acaparan boa parte das licenzas federativas, xa que así obteñen un seguro de rescate e outras vantaxes. A nivel estatal, máis 6,6 millóns de persoas practican sendeirismo esporadicamente e 3,7 millóns deles fano de forma habitual.

ÚLTIMAS

Feijóo reúne ao PP na Coruña para fixar a estratexia de 2026 e aumentar a presión sobre Sánchez

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, convocou para os días 10 e 11...

Importante impacto da folga de autobuses interurbanos

Os profesionais do servizo de transporte de viaxeiros e viaxeiras por estrada na provincia...

As familias do CEIP Concepción Arenal apoian as demandas do seu profesorado ante a falta de persoal coidador

Onte era o profesorado o que se plantaba e non acodía ás aulas. Hoxe,...

O Mercado de Monte Alto abrirá as súas portas o vindeiro mércores 10

Xa hai data confirmada. O vindeiro mércores 10 de decembro, o novo Mercado municipal...