InicioPOLÍTICAO presidente provincial do PP da Coruña apela a formar os "mellores...

O presidente provincial do PP da Coruña apela a formar os “mellores equipos” para as municipais

Publicada o

Por europapress

A dirección do PP na provincia da Coruña, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, e polo seu secretario xeral, Evaristo Ben, iniciou este luns en Carballo unha nova rolda de reunións comarcais que levarán aos populares a citarse mañá cos alcaldes e portavoces do partido xudicial de Santiago e, este venres, cos seus homólogos na comarca do Barbanza.

Na reunión desta tarde, e ante os representantes do PP nos concellos de Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Laracha, Malpica e Ponteceso, Calvo insistiu na “importancia” deste tipo de encontros para manter o partido “vivo, en escoita permanente e traballando na confección dos mellores equipos” co obxectivo de afrontar con plenas garantías a cita coas urnas locais.

“Levamos tempo xa coa mente posta nunhas eleccións que deben ser o punto de partida do cambio político que necesita España en moitos aspectos”, asegurou o presidente popular, quen incidiu na importancia de que a súa formación ofreza á veciñanza “unha alternativa estable e eficaz” nos lugares nos que non goberna.

No caso dos que goberna, apelou a refozar as maiorías e reivindicou unha xestión “seria e centrada nas necesidades das persoas”. Diego Calvo aproveitou a presenza dos alcaldes de Cabana, Laxe, Malpica, Coristanco e Laracha para destacar que na comarca de Bergantiños a veciñanza ten “bos exemplos” do que supón contar cun goberno do PP. “Aquí non vimos prometer cousas que non demostrásemos, aquí basta con botar unha ollada do que son capaces de ofrecer”, insistiu.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...