InicioCULTURASada súmase á demanda do Estado pola titularidade de 564 bens do...

Sada súmase á demanda do Estado pola titularidade de 564 bens do Pazo de Meirás

Publicada o

Por europapress

O Concello de Sada (A Coruña), a través da súa representación letrada, hase personado nos xulgados de Madrid como parte coadyuvante en apoio á demanda do Estado pola titularidade de 564 bens do Pazo de Meirás.

A petición foi presentada no xulgado de primeira instancia nº70 de Madrid, que leva o caso, alegando que o concello é parte interesada e ostenta as competencias “en materia de urbanismo, protección do patrimonio cultural e turismo”.

Se esta personación é aceptada, o consistorio “apoiará en todo o proceso as pretensións da demanda interposta o pasado día 21 de setembro polo Estado e Patrimonio Nacional respecto da consideración de bens de dominio público e patrimonio público tanto dos bens procedentes da etapa de Pardo Bazán (transmitidos en 1938) como dos instalados polo Estado na etapa da ditadura 1938-1975”, dado que o Pazo estivo “ao servizo” da xefatura do Estado.

Na demanda interposta polo Estado solicítase a medida cautelar para impedir a retirada destes bens polos herdeiros do ditador, unha medida que se dirimirá nunha vista o próximo 21 de outubro.

O alcalde de Sada, Benito Portela, aplaudiu a decisión do estado de interpor esta querela á que se adhire o Concello e instou a outras administracións “a facer o propio”, en especial a Xunta de Galicia.

A maiores, reclamou ao Goberno galego que “mova ficha e e incoe o expediente de modificación de Ben de Interese Cultural do Pazo de Meirás”, para outorgarlles ao conxunto de bens mobles a tutela BIC.

ÚLTIMAS

Ilusión entre @s praceir@s na apertura do Mercado provisional de Monte Alto

Tras 3 semanas e media sen poder traballar, as praceiras do Mercado de Monte...

Empresari@s de ASCEGA, veciñ@s e oposición responsabilizan ao goberno da mala xestión das licenzas

Convocaba unha reunión onte a Asociación de Empresarios de Galicia (ASCEGA) para analizar a...

Viñetas desde o Atlántico queda sen o seu director

O debuxante Miguelanxo Prado, director do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico...

A Coruña conta con máis dun centenar de símbolos franquistas sen eliminar, segundo un informe

A Coruña conta con máis dun centenar de símbolos franquistas sen eliminar, segundo un...