InicioECONOMÍACae a poboación activa na Coruña, sobre todo pola baixada de mulleres...

Cae a poboación activa na Coruña, sobre todo pola baixada de mulleres nesta situación

Publicada o

Por europapress

O Informe de Conxuntura Económica da provincia, elaborado polo Club Financeiro de Santiago e impulsado pola Deputación da Coruña, constata unha diminución na poboación activa na provincia coruñesa pola existencia de menos mulleres nesta situación.

O estudo reflicte que en 2021 se confirman dúas tendencias: a diminución paulatina de poboación activa en Galicia e a concentración de dita poboación nas provincias da Coruña e Pontevedra. Nel, apúntase tamén que a análise desagregada revela un comportamento diferencial da provincia coruñesa en comparación co resto de provincias galelgas.

“A poboación activa na Coruña diminúe, basicamente polo retroceso do número de mulleres en situación de actividade”, indica o informe que fai unha radiografía da realidade económica da provincia coruñesa, tanto a nivel comarcal como municipal. Á súa presentación, na sede da institución provincial, asistiron o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo; o presidente da entidade, Roberto Pereira, e as economistas María Bastida, Maite Cancelo e Miguel Vázquez Taín.

ÚLTIMAS

Reproches do PP e do BNG ao goberno local da Coruña

O grupo municipal do PP no Concello da Coruña reprochou ao goberno local "falta...

Nova presentación literaria na Casa Casares Quiroga

O escritor Juan Cruz regresa a Coruña da man do Ateneo Republicano de Galicia...

Unha investigadora da UDC premiada pola súa tese sobre identidades de xénero

A profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña (UDC) Belén...

Cancelado o concerto de Diego el Cigala no parque de Santa Margarita tras ser condenado por maltratar a súa exparella

Son do Nordés comunicou a cancelación do concerto de Diego el Cigala programado para o...