InicioA CORUÑAUn Rosairo para todos os públicos

Un Rosairo para todos os públicos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Auténticas e simbólicas as Festas do Rosario que se celebraron esta pasada fin de semana na Coruña. A Asociación de Veciños da Cidade Vella traballou arreo para ofrecer unha marea de actividades para toda a familia.

A máxica Praza de Azcárraga foi un dos grandes fervedoiros culturais. Acolleu o xoves o pregón de Luís Pousa e ao longo da fin de semana foi recibindo músicos familiares como Sito Sedes ou Pablo Díaz, contacontos como Pablísimo, ou concertazos como o que ofreceu Exit na calurosa noite sabatina.

Gran ambiente en Azcárraga para ver á banda local Exit, tocando outside tras unha década como residentes na MardiGrass

 

View this post on Instagram

 

A post shared by EXIT (@exit_rocks)

Unha das grandes citas do programa era o concerto que Los Enemigos deron a noite do venres no Parrote. Cuarentóns e cinquentóns botaron de menos unha barra onde levar algo á boca, pero gozaron e cantaron os míticos temas da banda de R&R que tanto vén por Galicia.

O domingo foi tempo de hockey, claro, no Dominicos, e sesión vermú entre Troncoso e a Praza da Constitución, outros dous espazos ben acaecidos para acoller eventos culturais.

As Noites do Ciclo de Concertos continúan este 13 co Concerto de Cámara na Capitanía e o 15 co concerto matinal no Museo de Belas Artes e pola tarde na Igrexa de Santo Domingo.

ÚLTIMAS

Así sairán e entrarán os autobuses na nova terminal que abrirá o 3 de novembro

A Xunta abrirá o próximo 3 de novembro a terminal de autobuses da estación...

(Vídeo) Extinguido o gran incendio en Visma que cubriu de negro o ceo de Arteixo

O incendio declarado este domingo na parroquia de Visma, na Coruña, quedou extinguido durante...

O CIFP Paseo das Pontes convértese no primeiro de referencia nacional e téxtil

O Centro Integrado de FP Paseo das Pontes convértese no primeiro Centro de Referencia...

Unha nova limpeza no Orzán eliminou 105 kg do noso mar

A praia do Orzán acolleu este sábado outra xornada de limpeza ambiental que resultou...