InicioA CORUÑAActivada a alerta laranxa por temporal costeiro

Activada a alerta laranxa por temporal costeiro

Publicada o

Por europapress

As últimas horas deste mércores nas provincias da Coruña e Pontevedra están sinaladas como alerta laranxa por temporal no mar. Este fenómeno meteorolóxico adverso deixará ventos de forza 8 no sur e suroeste, así como mar combinado con ondas de ata 6 metros no oeste, suroeste e noroeste do litoral coruñés e pontevedrés.

Cómpre pois manterse afastado da liña de costa, é dicir, de diques, rompientes e paseos marítimos.

PREVISIÓN XOVES

Xa para este xoves, haberá tamén avisos amarelos tanto por vento como por choiva en boa parte de Galicia e case todo o día. No mar, Meteogalicia activará a alerta laranxa entre as 6,00 da mañá e 15,00 nas Rías Baixas, desde as 6,00 ata a medianoite na Costa da Morte, e desde as 12,00 ata a medianoite na costa noroeste.

En canto ao aviso amarelo por choiva, por máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas, activarase ás 9,00 en case toda a provincia da Coruña (oeste, interior e suroeste); mentres que comezará ao mediodía no interior de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e...

O Palexco acollerá a gala dos 25 anos dos Premios Mestre Mateo

A Coruña volverá ser a capital do audiovisual galego coa celebración da XXV edición...

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

Dani Martín volve á Coruña: o Coliseum acollerá un dos últimos concertos da súa xira polos 25 anos de carreira

O cantante Dani Martín actuará o próximo 26 de xuño no Coliseum da Coruña,...