InicioPOLÍTICADíaz Ayuso tamén quere coñecer Inditex

Díaz Ayuso tamén quere coñecer Inditex

Publicada o

Por europapress

A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, visita este xoves o municipio coruñés de Ordes, localidade natal da enfermeira Isabel Zendal “que inspirou o nome do hospital público de pandemias construído pola Comunidade de Madrid”, ademais de facer paradas nas instalacións da empresa Inditex en Arteixo.

Segundo informaron fontes do Goberno rexional, a visita a Ordes terá lugar ás 13,30 horas e a dirigiente madrileña estará acompañada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Atende así a invitación do alcalde desta localidade galega, o popular José Luís Martínez Sanjurjo.

“A Comunidade de Madrid quixo homenaxear a esta enfermeira galega, que formou parte da expedición que levou a vacina das vexigas a América en 1803, pondo o seu nome ao Hospital público que a Comunidade de Madrid construíu en apenas tres meses para facer fronte ao Covid-19 e que é considerado o mellor hospital do mundo en pandemias”, destacaron desde o Executivo.

Tras a recepción no Concello de Ordes, Ayuso visitará o centro sociocumunitario desta localidade, que tamén leva o nome de Isabel Zendal. A presidenta da Comunidade de Madrid tamén visitará á primeira hora da mañá as instalacións do grupo Inditex en Arteixo, onde manterá un encontro co conselleiro delegado da compañía, Óscar García Maceiras.

Coñecerá así “as instalacións da sede central desta empresa, unha das máis importantes de España e presente no cinco continentes (7.000 tendas en 88 países) e con máis de 152.000 empregados”, apuntaron estas mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Pequeno catálogo de “patrimonicidios”

O pasado 27 de febreiro a alcaldesa da Coruña calificou como «patrimonicidio» a antiga...

O alcalde de Oleiros lanza unha campaña contra Trump nos paneis informativos municipais

O alcalde do municipio coruñés de Oleiros, Ángel García Seoane, de Alternativa dos Veciños,...

Os bombeiros da Coruña superaron as 2.000 actuacións durante o ano 2025

Os bombeiros da Coruña prestaron un total de 2.026 actuacións en 2025, unha cifra...

A CGT homenaxeou na Agra do Orzán ás vítimas do franquista “Patronato de Protección de la Mujer”

Emoción a flor de pel a vivida onte no salón de actos da Casa...