InicioA CORUÑAO servizo de neuroloxía do Chuac, pioneiro no tratamento do ictus en...

O servizo de neuroloxía do Chuac, pioneiro no tratamento do ictus en Galicia

Publicada o

Por europapress

A xefa do Servizo de Neuroloxía do complexo hospitalario coruñés (Chuac), Mar Castellanos, alertou da incidencia do ictus, con 7.000 casos novos en Galicia cada ano.

Fíxoo coincidindo cun acto de divulgación celebrado no hospital, con motivo da celebración mañá do Día Mundial do Ictus. “É a primeira causa de mortalidade en mulleres, a segunda causa de mortalidade en xeral e a primeira causa de discapacidade”.

“No noso país prodúcense 120.000 novos casos de ictus cada ano, deles uns 30.000 van morrer e máis do 50% cun grao de discapacidade”, expuxo tamén.

No entanto, sinalou que algúns, á marxe da idade avanzada, pódense previr. Así, aludiu á hipertensión, os niveis de azucre en sangue, o sedentarismo ou o consumo de tabaco. 
“Se o fixeramos podería diminuír ata un 90% a aparición do ictus”, dixo. A iso, sumou as arritmias cardíacas, que asociou cos ictus graves.

Pódese diagnosticar e cando se diagnostica pódese facer prevencion do ictus con anticoagulantes, por iso son importantes as campañas de prevención”, engadiu.

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...