InicioA CORUÑAMonte Alto botouse á rúa por Samaín

Monte Alto botouse á rúa por Samaín

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Máis Halloween sentiuse, ben é certo, nas rúas de Monte Alto. Pero as iniciativas das Asociacións empresariais do barrio foron todo un éxito, e media Coruña encheu as rúas da Torre e Hércules para facer o #TrucoouTrato comercio a comercio.

Fermoso o ambiente familiar que se viviu na zona, co Campo de Marte e o Campo da Leña cheo de rapazada ata ben entradas as 22:00h da noite, cos Kilomberos de Monte Alto (xa case poderíamos chamalas As Kilomberas de Monte Alto pois a presenza feminina no grupo medra e medra) poñendo a nota musiqueira.

A única pega foi que non se pecharon ambas rúas, o que fixo que as aglomeracións e colas nos comercios fosen, por momentos, perigosas. Para o ano, comerciantes e veciños esperan que para o ano que vén, ou noutros eventos semellantes, se pechen ao tráfico Hércules como a Torre.

Mentres, en samaincoruna.gal continúa aberta a votación para escoller o Mellor Escaparate, quedando só 10 finalistas.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...