InicioA CORUÑAPolémica trala denuncia do colectivo Arco Iris dunha vertedura ilegal desde a...

Polémica trala denuncia do colectivo Arco Iris dunha vertedura ilegal desde a EDAR de Ben

Publicada o

Por europapress

Sin título from ARCO IRIS on Vimeo.

A asociación ecoloxista Arco Iris denunciaba esta semana que as augas residuais estábanse vertendeo directamente ao mar. A entidade asegura que despois do comezo das obras que arrincaban o pasado 14 de novembro, que obrigan a desviar de forma temporal o caudal da auga tratada para a instalación da turbina de hidróxeno verde.

Arco Iris sinalou nun comunicado de que os primeiros resultados das mostras recollidas na auga “non ofrecen lugar a dúbidas” e que hai “unha elevada probabilidade de que a EDAR estea a usar produtos tóxicos para minorar a carga contaminante bacteriolóxica”.

NEGATIVA DO CONCELLO

Porén, o Concello da Coruña rexeitou a existencia dunha vertedura ilegal desde a EDAR de Bens, despois de que a asociación ecoloxista Arco Iris asegurase que decidiu establecer un sistema de vixilancia do ‘by pass’ da estación depuradora, apuntando a un posible vertido.

Desde o goberno local aseguraron a Europa Press que son unhas obras xa “acabadas” e que contaron con todos os permisos da Xunta. Tamén manifestaron que os datos achegados pola asociación non son correctos. “O emisario funciona con normaldiad desde o luns, cando se acabaron as obras”.

“Xamais se usaron produtos tóxicos para tratar as augas e a depuradora non deixou nunca de funcionar a pleno rendemento e por suposto, había autorización de Augas de Galicia para estes traballos, que están acabados”, incidiron.

ÚLTIMAS

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Unha viaxe virtual en SkpMotor con Galicia Simracing Events

No programa de SKPMotor CuacFM o gravado este xoves 19 de novembro de 2026...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...