InicioECONOMÍADenuncian que o Instituto Social da Mariña rescindiu a dous traballadores que...

Denuncian que o Instituto Social da Mariña rescindiu a dous traballadores que pediron medidas de conciliación

Publicada o

Por europapress

O Comité de Empresa do persoal laboral da administración xeral do Estado na provincia da Coruña denuncia nun comunicado que o Instituto Social da Mariña (ISM) da Coruña, escudándose na ausencia de xustificación que permite a non superación do período de proba, acaba de rescindir o contrato laboral a dous traballadores en practicas que eran os únicos que, “curiosamente”, tiñan solicitado medidas de conciliación familiar.

No mes de outubro o ISM contratou a 10  persoas en prácticas para a obtención dunha  primeira experiencia profesional na Administración Pública con cargo ós fondos da Unión  Europea Next Generatión. Estas 10 persoas iniciaron a súa actividade laboral o día 3 de outubro, e nos seus contratos recollese un período de proba dun mes. Dúas destas persoas, debido as súas circunstancias familiares, solicitaron desde un primeiro momento exercer os  seus dereitos a  diferentes medidas de conciliación como o permiso por lactancia ou a redución de xornada por coidado dun ascendente cunha enfermidade grave.

O pasado día 28 de outubro, desde a Dirección Provincial do ISM de A Coruña, notificáronlle a estas dúas  persoas, entre as 10  contratadas, o seu cese por non superar o período de  proba, “sen ningunha outra explicación, sen ningunha queixa coñecida dos seus titores e sen que tan sequera lles pediran os seus rexistros individuais de actividades”.

Polo tanto, o Comité de Empresa entende que isto é un despedimento de dous compañeiros/as “por exercer os seus dereitos á conciliación da vida laboral e familiar”. “Todo isto nunha Administración Pública pertencente á Seguridade Social que se supón que debería ser o maior garante da conciliación”, inciden, polo que piden que lle esixen ao ISM que “reverta esta inxustiza”.

ÚLTIMAS

Carlos Núñez ofrecerá o 13 de decembro un concerto no Teatro Rosalía de Castro

Carlos Núñez, un dos referentes da gaita a nivel mundial, actuará no Teatro Rosalía...

Unha exposición marca o inicio das actividades do festival Mar de Mares

O festival Mar de Mares inaugurou na Coruña a súa décima edición coa inauguración dunha exposición...

A Coruña acollerá en outubro unhas xornadas da Alianza de Paisaxes do Patrimonio Mundial

A Coruña acollerá os días 5 e 6 de outubro unhas xornadas da Alianza...

A terceira edición do congreso ‘Artes pola paz’ celebrarase este venres e sábado na Coruña

O congreso 'Artes pola paz' celebra entre este venres e sábado, na Coruña, a...