InicioDEPORTESO Deportivo ten un problema

O Deportivo ten un problema

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo

Realmente, o Deportivo ten moitos problemas, pero ai un que abre á porta a tódolos demais. Este problema é a falta de definición dun proxecto deportivo que vaia mais aló dunha tempada. Pola contra, o deportivo conta cunha vantaxe e é que ten claro cal é o seu obxectivo. E só ten que cumprir unha cousa: ascender. Que falla, logo? Pois falla que o club ten tantas urxencias económicas que instala esta mesma palabra en todo o que fai: urxencia por gañar, urxencia por ser líderes, urxencia por ascender….. E así, con esta premisa, o normal é fallar en todo.

Os hospitais teñen varias plantas adicadas a diferentes especialidades, cada unha atendendo unha patoloxía distinta e onde se estudian con especialistas as enfermidades dos pacientes. Pero, estes hospitais só teñen unha planta de Urxencias. E esa é a porta pola que entran todas as decisións do Dépor.

Con este erro arrastrado xa por moitos anos, o Deportivo ten que xogar cada domingo sabendo que só lle vale un resultado. E ese único resultado é moi difícil de conseguir nesta categoría inventada por Rubiales e sufrida polos afeccionados. Isto mesmo comprobouse o sábado pasado en Alxeciras, onde puido pasar de todo, e pasou o máis raro, gañar. Típico partido feo de xogar e difícil de ver. Máis aló do resultado, o xogo do equipo non existe.

Non é consistente cunha idea, sofre o mesmo fóra que na casa e non é quen de marcar máis goles dos que necesita para ir gañando. En defensa non é sobrio, nin rápido nas transicións, e abusa do toque estéril, nunha herdanza fatídica de Pep. Dá a sensación que no minuto 20 de cada partido xa souberas como vai a acabar. Coma se os partidos se repetisen cada xornada.

Por sorte para o Dépor, moitos dos seus problemas acaban gañando cada fin de semana. O outro problema necesita de paciencia, e non de Domingos precisamente.

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó Dépor dende 1988. O que sei de fútbol, o Dépor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...