InicioA CORUÑAGrande operativo contra a venda de drogas na rolda do Outeiro e...

Grande operativo contra a venda de drogas na rolda do Outeiro e Monte Alto, na Coruña

Publicada o

Por europapress

Varias persoas foron detidas na Coruña e a súa área nun operativo conxunto de Garda Civil e Policía Nacional contra a venda de drogas.

Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación en relación a un operativo desenvolto o martes contra o menudeo de droga e que segue baixo secreto de sumario.

Dos detidos, polo menos un foi na zona da Rolda de Outeiro e outro na rúa de Santo Tomás, no barrio de Monte Alto, segundo as fontes consultadas.

A operación por parte dos axentes da Policía Nacional e a Garda Cvil iniciouse pola mañá e supuxo tamén actuacións noutros municipios próximos á cidade herculina.

Algúns dos detidos, precisaron as mesmas fontes, foron por parte da Policía Nacional e outros pola da Garda Civil.

Sobre a mesma, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, sinalou que se trata dunha operación que “viña de datas anteriores”, pero que se desenvolveu na xornada do martes.

Tamén ratificou que está baixo secreto de sumario e destacou a colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Así mesmo, confirmou que segue aberta.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...