InicioPOLÍTICAO Concello da Coruña reforzará o servizo de axuda a domicilio con...

O Concello da Coruña reforzará o servizo de axuda a domicilio con cinco zonas de atención

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña reforzará o servizo de axuda a domicilio, cunha contía de 30 millóns de euros no próximos tres anos, segundo informou a alcaldesa, Inés Rey, na rolda de prensa que ofreceu para trasladar os asuntos da Xunta de Goberno local.

O novo contrato distribuirá a cidade en cinco zonas de atención diferenciada co fin, segundo apuntou a rexedora, de mellorar a coordinación coas 1.200 persoas usuarias, as súas familias e as case 400 persoas coidadoras.

De acordo co novo contrato, 9,3 millóns corresponderán a 2023, mentres que en 2024 e 2025 serán 10,5 millóns, respectivamente, explicou a alcaldesa, que sinalou que se abrirán cinco oficinas de coordinación e atención ás familias en cada unha das áreas. Tamén se promoverá un servizo de atención domiciliaria sociosanitaria para casos urxentes.

Por outra banda, o goberno municipal deu luz verde á primeira fase do proxecto para a reparación e reposición do sistema de climatización da Fundación Luís Seoane. O proxecto sairá a licitación no primeiro trimestre do próximo ano cun orzamento de case 800.000 euros.

Noutra orde de cousas, deuse licenza a Naturgy para acometer o desmantelamento do parque de transferencia de carbón na instalación da Medusa, no peirao do Centenario.

A alcaldesa explicou que se valorou trasladalo a outro emprazamento da cidade, pero que se descartou polo custo máis elevado “do que custaría construír unha nova medusa”. “Sae máis caro que construír un novo recinto”, apostilou.

ÚLTIMAS

Unha guía para seguir o rumbo dos deportados coruñeses aos campos nazis

Tivo lugar esta mañá, na rúa Santiago 15, diante do stolpestein de Leopoldo López...

O CEIP Concepción Arenal acolle este martes o peche reivindicativo do ensino público galego

En outubro o profesorado realizaba un peche en protesta polo mal estado de saúde...

Fracasa a mediación no conflito do transporte e mantense a folga indefinida na Coruña

A reunión fixada para este luns entre sindicatos e patronal, con mediación do Consello...

Arquivada a causa polo disparo policial que causou a morte dun home no Coruña en Nadal de 2023

O Xulgado de Instrución número 1 da Coruña decretou o sobresemento libre "por concorrer...