InicioCULTURAUnha mostra na Coruña lembra á unha María Casares "moza" que se...

Unha mostra na Coruña lembra á unha María Casares “moza” que se relacinaba con Camus

Publicada o

Por europapress

O expresidente do Parlamento Europeo e presidente da Fundación Yehudi Menuhin España, Enrique Barón, inaugurou na Coruña a exposición de Sofía Gandarias ‘O Espectador’, que a pintora dedicou a María Casares e Albert Camus.

A colección, instalada no Centro Ágora, consta de tres cadros. ‘O Espectador II’ e ‘María Casares’, doados en 2011, e a obra ‘En bicicleta’, cedida en 2022. Á cita celebrada este mércores, asistiu a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín.

“Estes cadros están onde deben estar, como dicía Sofía Gandarias, na cidade de Maria Casares, na Coruña”. Con estas palabras comezou o expresidente e viúvo da artista, o seu discurso inaugural. “Sofía era vasca pero tiña unha certa paixón por mulleres galegas”, engadiu.

Barón explicou que no tríptico exposto “está o recordo dunha María Casares moza e da súa historia compartida con Albert Camus“, unha obra de arte que forma parte de “unha homenaxe que rende o Concello da Coruña a dous dos seus máis ilustres fillos, a María Casares e ao seu pai”, Santiago Casares Quiroga, presidente da República en 1936.

A alcadesa, na súa intervención, recalcou que “sen cultura non hai avances e sen memoria non hai igualdade e construír unha cidade mellor é facelo tamén desde cimentos morais e culturais”.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...