InicioA CORUÑAPersoal do Chuac protesta pola falta de celadores e técnicos de raios...

Persoal do Chuac protesta pola falta de celadores e técnicos de raios en Urxencias e anuncia novas mobilizacións

Publicada o

Por europapress

A Comisión de Centro do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) convocou este venres, día 11, unha concentración para denunciar un déficit “alarmante” de persoal, sobre todo de celadores e técnicos de imaxe para o diagnóstico en raios de Urxencias.

“Se a situación continúa igual seguiremos coas protestas”, manifestou a presidenta da Comisión de Centro, Lucía Peón, quen asegura que os pacientes “permanecen ateigados en salas de espera horas por non dispor de persoal suficiente que poida facer eses traslados”.

Peón cualificou de “denigrante” que calquera persoa teña que estar nun corredor esperando a realización dunha proba ou a que sexa trasladado ao servizo de Urxencias. Engade que este atraso “incide directamente nas altas que se dan de Urxencias ou nos traslados a outras zonas do hospital”.

Respecto da postura da Xerencia, Peón asegurou que foi o órgano de representación dos traballadores o que tivo que “forzar” o diálogo. “Nin sequera tivo a dignidade de convocarnos en ningún momento e non puxo nada de nada encima da mesa só intencións”.

“DESAGRADABLE REPRESIÓN POLICIAL”

En consecuencia, a presidenta da Comisión de Centro anunciou novas protestas para o vindeiro venres día 18 de novembro e lamentou a “desagradable represión policial”, en alusión a “empuxóns”, durante a concentración celebrada esta mañá.

“Somos traballadores de sanidade e só estamos a reivindicar o que nos parece que é un dereito, ter máis persoal“, argumentou.

ÚLTIMAS

Rueda di que sería unha “mala noticia” que A Coruña quede sen a sede da Aesia tras o recurso de Andalucía

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, considerou este venres que sería "unha mala noticia que...

A Panadaría e o PT Excéntricas triunfan nuns reivindicativos Premios María Casares

Acolleu esta pasada noite o Teatro Rosalía de Castro a gala dos XXVII Premios...

Miguelanxo Prado deixa o Salón do Cómic polos “obstáculos” e as “limitacións económicas”

Anunciabamos onte a renuncia de Miguelanxo Prado a continuar como director do proxecto Viñetas...

175.000 repartidos na Coruña polo Cupón Diario da ONCE

Mañá de sorte para os compradores de 8 cupóns da ONCE premiados con 35.000...