InicioECONOMÍAPodes viaxar da Coruña a Canarias por 79 euros no "Flicht Friday"

Podes viaxar da Coruña a Canarias por 79 euros no “Flicht Friday”

Publicada o

Por europapress
A compañía Binter lanzou a nova promoción ‘Flight Friday‘, coa que se poden adquirir, ata o próximo 28 de novembro, billetes desde os 79 euros o traxecto para viaxar entre Vigo ou A Coruña a Canarias.
En concreto, as viaxes desde Vigo a Canarias parten dos 79,10 euros, mentres que desde A Coruña ofértanse desde 79,45 euros, para voar entre o 11 de xaneiro e o 31 de marzo de 2023.
Ademais, polo ‘Flight Friday’ todos os clientes que compren pasaxes en calquera tarifa para voar a Canarias poderán rexistrarse antes do 28 de novembro na ligazón ‘https://ofertas.bintercanarias.com/flightfriday‘ para participar nun sorteo de 100 billetes de ida e volta para unha persoa a calquera destino Binter, entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2023, cuxo sorteo se realizará ante notario durante o mes de decembro, indicou a compañía en nota de prensa.
Ademais, a compañía aérea facilita aos pasaxeiros das rutas nacionais a ligazón sen custo deses traxectos cos interinsulares en Canarias, no caso dos voos en conexión, facendo posible chegar polo mesmo prezo a diferentes illas do arquipélago canario.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...