InicioSOCIEDADEMaría Rivas: "Cando hai máis políticas públicas a favor de protexer ás...

María Rivas: “Cando hai máis políticas públicas a favor de protexer ás vítimas, máis vítimas se atreven a denunciar”

Publicada o

Por europapress

subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, reclamou este venres a administracións, corpos e forzas de seguridade, así como á xudicatura, que traballen de maneira conxunta para mellorar e consolidar un sistema de protección integral ás vítimas da violencia de xénero, así como que se poña en coñecemento das autoridades “calquera caso” de violencia institucional contra a muller.

Rivas participou este venres nunha mesa redonda sobre ‘Violencia Institucional’, no marco do I Foro contra a Violencia de Xénero que organiza a Asociación Alvixe na sede do Ateneo Ferrolán.

Durante a súa intervención, detallou que a Subdelegación do Goberno promove e participa nas mesas de coordinación interinstitucional nos concellos, na Audiencia Provincial e tamén na propia Subdelegación do Goberno “para avanzar nesta protección e corrixir calquera deficiencia”.

A subdelegada cualificou de “intolerable” calquera tipo de violencia institucional, por omisión ou por acción, e por iso pediu a calquera muller que a sufra ou coñeza un posible caso de violencia institucional neste ámbito, “que o denuncie directamente ou a través das asociacións de vítimas, ao obxecto de que se corrixa de forma inmediata”.

A subdelegada fixo unha comparación de cifras da violencia de xénero nos últimos anos, nos que se pasou de menos de 5.000 denuncias en 2021, a máis de 6.200 o ano pasado; de 2.556 chamadas desde Galicia ao 016 en 2012, a máis de 3.400 chamadas neste ano; de 17 dispositivos de control telemáticos activos en Galicia hai 10 anos, a 144, así como de 452 mulleres dadas de alta no servizo de seguimento telefónico ATENPRO a 712 na actualidade.

María Rivas apuntou a que “cando hai máis servizos e máis políticas públicas que están a favor de protexer ás vítimas, máis vítimas se atreven a denunciar“, xa que as mulleres “perciben que as administracións, as forzas de seguridade e a xustiza, son lugares cada vez máis seguros aos que poder acudir”.

ÚLTIMAS

O ciclo “Elas son Artistas” encherá de arte feminina 7 concellos da comarca

Presentouse esta mañá no Teatro Colón a 9ª edición do Ciclo Metropolitano de música...

Nova ofensiva do Concello de Oleiros pola finalización da Vía Ártabra

Léva décadas a medias, impedindo conectar coa AP9 e a A6 a zona de...

O Concello confírmalle aos usuarios que esta semana contratará a empresa ponte para arrincar os talleres do programa de Lecer

Este luns 6 de abril, accedía o Concello a manter unha reunión cos usuarios...

Alvedro afectado por unha folga indefinida de controladores aéreos a partir do 17 de abril

Unión Sindical de Controladores Aéreos (USCA) e CCOO realizaron un preaviso de folga indefinida...