InicioA CORUÑA25N: Un mes de actividades para berrar "Alto e claro" non á...

25N: Un mes de actividades para berrar “Alto e claro” non á violencia de xénero

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña programou un mes de actividades en torno ao 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

A lema deste ano, ‘Alto e claro’, profunda na necesidade de loitar contra a violencia de xénero desde as idades máis temperás e erradicar as actitudes machistas entre os máis novos.

Serán varias as conversas técnicas:
Este mesmo luns 21 arrincan as actividades coa conversa con Diana Díaz,  psicóloga, directora das liñas de Axuda do Teléfono/Chat ANAR da Fundación ANAR, ás 18:30h no salón de actos do Centro Cívico dos Mallos.
Carmen Ruiz, socióloga especializada en violencia de xénero en adolescentes e mocidade, falará sobre Coeducación e construción de relacións igualitarias, na xornada do 28 de novembro tamén nos Mallos.
O 2 de decembro será turno para Lluís Ballester Brage,  Sociólogo e traballador social experto na abordaxe de redes, pornografía e prostitución na mocida

Tamén haberá cafés literarios. Xa empezaron o pasado 18 con Nuria Coronado e Laura Strego, e continúan este día 24 no CIM con María Murnau, autora do libro de poesía “No puedo vivir sin mi”; e o 2 de decemrbo no Centro Cívico do Castrillón con Teresa Lozano e Zua Méndez, coordinadoras do libro “No somos princesas, somos guerreras: cuentos feministas para un nuevo mundo”.

Accións globais

O día 25, ás 11,00 horas, promoverase un percorrido que finalizará na chaira de Riazor, onde se formará un lazo humano e levará a cabo a lectura dun manifesto.

Ademais, do 21 ao 25 de novembro, un autobús violeta percorrerá distintos puntos da cidade ofrecendo contidos e actividades de participación sobre a violencia de xénero.

ÚLTIMAS

30 anos da catástrofe do vertedoiro de Bens

Pasaron 30 anos daquel 10 de setembro de 1996. Moitos lembramos aínda ese cheiro...

Unha táboa flamenca do século XVI recuperada do tráfico ilícito entregada ao Museo de Belas Artes da Coruña

O Ministerio de Cultura entregou ao Museo de Belas Artes da Coruña -- de...

A coruñesa María Nieto lánzase ás meigas na súa segunda novela

Hijas de Lilith, a nova novela da escritora e xornalista coruñesa María Nieto, chegará...

CRMH recorrerá a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña anunciou que recorrerá a...