InicioECONOMÍAProtección social e emprego, prioridades da Deputación nos orzamentos de 2023

Protección social e emprego, prioridades da Deputación nos orzamentos de 2023

Publicada o

Por europapress

A Deputación da Coruña terá o próximo ano un orzamento de 207,2 millóns, un 9,4 % máis que este exercicio, cunha xestión centrada na protección social, o emprego ou a loita contra o despoboamento no rural.

Así o informaron o presidente provincial, Valentín González Formoso, xunto aos deputados de Economía e Facenda, Antonio Leira, e de Igualdade, María Muiño, que presentaron unhas contas que se someterán a aprobación no pleno do venres, día 25.

“Son os orzamentos máis altos da historia da Deputación e teñen como prioridades a creación de emprego e actividade económica na provincia, o reforzo dos programas sociais e a loita contra o abandono do rural”, manifestou González Formoso sobre un orzamento que será o último do mandato.

“Esta institución serve de contrapunto a outra forma de gobernar”, dixo en alusión á Xunta, cuxa política que considerou que non está “apegada á realidade”. “Priorizando baixadas de impostos aos máis ricos ou prescindindo de elementos como o ‘Cartón Básico'”, citou, entre outros exemplos.

Fronte a iso, asegurou que a Deputación aposta por “liñas que lle importan á xente”. Entre outras cuestións, apuntou á creación de 5.000 postos de traballo a través do plan de emprego local ou a creación de 2.062 empresas.

ORZAMENTOS “EXPANSIVOS”

“Son uns orzamentos ambiciosos e expansivos con incrementos en cada área da deputación provincial“, expuxo, á súa vez, María Muiño, quen destacou a “cooperación” cos concellos da provincia.

Das distintas partidas, o deputado Antonio Leira resaltou, á súa vez, que os consistorios a partir do 1 de xaneiro “poidan saber a partida que van ter por parte da deputación provincial”.

Das distintas consignadas, o Plan Único, cunha contía inicial de 47 millóns de euros, volverá ser o principal programa de investimentos. A área social (22,8 millóns); emprego (12,9 millóns) e as obras en estradas provinciais (19,4 millóns) destacan entre as principais partidas dos orzamentos.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...