InicioMOV. SOCIAISNove de cada dez dependentas de Inditex secundaron a folga deste venres

Nove de cada dez dependentas de Inditex secundaron a folga deste venres

Publicada o

Por europapress

segunda xornada de folga nas tendas de Inditex da provincia da Coruña, tras a celebrada o xoves de forma preparatoria á convocada este venres como mobilización principal e que coincidiu co Black Friday, está a rexistrar un seguemento “moi amplo”.

“A maioría do persoal, un 90 %, non foi a traballar, as dependentas estamos na rúa tanto na Coruña, como en Ferrol e en Santiago“, confirmou a delegada da CIG no comité de empresa de Stradivarius na provincia da Coruña, Lucía Domínguez, durante a mobilización celebrada este mediodía na cidade herculina.

A protesta transcurriu ante unha ampla presenza policial nun ambiente festivo e con cánticos alusivos aos salarios sobre os que reclaman unha subida. Non entanto, algunhas traballadoras denunciaron “empuxóns e puñadas nos riles” dos piquetes formados “pacíficamente” ás portas dalgunha das tendas situadas no centro comercial Marineda City, na Coruña.

Domínguez explicou que “hai tendas pechadas” e nas que están abertas están a traballar “mandos intermedios” que teñen outras condicións económicas. “Cobran moitísimo máis que nós”, puntualizou.

SALARIOS

En canto aos salarios, denunciou que existen casos “en similar categoría e cualificación que cobran ata o dobre” e indicou como “problema engadido” que “a maioría” das dependentas están “a tempo parcial”. “Os contratos de tempo completo están reservados como premios a persoal responsable e mandos intermedios”.

Respecto da postura da empresa, a delegada sindical sinalou que “en ningún momento toma en serio ás dependentas”. “Non nos deixa sentarnos como representantes das traballadoras nas mesas de negociación”, recalcou.

Domínguez explicou que “desde o inicio da negociación” Inditex ofreceu unha subida salarial de 120 euros que as traballadoras “rexeitaron” e que o pasado venres, día 18, “apareceu un acordo asinado en Madrid entre CCOO e UGT só para a provincia da Coruña” que incluía ese incremento.

Dende a representación de traballadoras por parte de UGT ratificaron, con todo, que no caso da Coruña secundan as protestas por ver “insuficiente” o acordado a nivel estatal e ao entender que un plus que existe por estar a sede de Inditex nesta provincia “debe negociarse aquí”, aseguraron a Europa Press.

Mentres, a representante da CIG argumentou que “meteron 120 euros máis nas nóminas deste mes para tentar desmovilizar á xente nas convocatorias de folga”, sinalou, “pero a xente ve que non lle chega e está toda na rúa”.

ÚLTIMAS

Testemuñas da agresión a Samuel Luiz confirman que viron “a unha persoa recibindo patadas e golpes”

Unha testemuña do xuízo pola malleira mortal a Samuel Luiz -- ocorrida na madrugada...

Denuncian a Repsol por vulneración do dereito fundamental á folga do persoal de Navec

O pasado 18 de outubro os traballadores de mantemento da refinería de Repsol da...

Pregúntanlle ao Concello pola situación do persoal do IMCE

Dende hai máis de 30 anos, as persoas traballadoras do IMCE sofren o paso...

“Rosas do meu xardín”. Unha visita á exposición de Nick Knight

O pasado venres asistín á inauguración da exposición “Roses from my garden” de Nick...