InicioDEPORTESQuiles non é dianteiro para este Depor

Quiles non é dianteiro para este Depor

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo

Aínda que sexa duro, a realidade é esa. Quiles é un dianteiro de 2ª División e, se cadra, defenderíase máis que ben nalgún equipo da 1ª División. O espigado dianteiro amosa unha capacidade brutal de facer gol, sendo capaz de asociarse con criterio cerca da área rival, ten un bo remate de cabeza e un bo control do balón en carreira, que non lle resta velocidade a súas accións. É un tipo dotado tecnicamente, con capacidade de traballo e con moita chegada dende a banda. Onte demostrou moita clarividencia no un para un, e, todo isto, a pesar de ser un tipo de rachas. Cando non marca, sempre xoga ben. Parece máis acertado pensar que é dianteiro para un Depor de 2ª.

Por outra banda, leva o Dépor unhas semanas raras no plano competitivo. Incapaz de achegarse á cabeza da competición, a pesar de levar catro vitorias en seis partidos. Isto ten explicación na racha brutal que levan Córdoba, Alcorcón e Castilla, todo eles precedendo ó Dépor na clasificación e que contan vitorias nas últimas cinco ou seis xornadas. Outros rivais, coma o Racing de Ferrol ou o Linares, pola contra, levan varias xornadas perdendo, o que lles coloca nas posicións fóra do playoff.

Neste cruce de rachas está o Dépor en boa posición para ir subindo peldaños. O domingo chega o Córdoba a Riazor. Ogallá sexa o comezo da racha negativa do equipo andaluz.

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...