InicioDEPORTESPolémica por unha frase de Óscar Cano o día do 25N

Polémica por unha frase de Óscar Cano o día do 25N

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Non pasaron desapercibidas o pasado 25 de novembro unhas declaracións do adestrador do Deportivo Óscar Cano. Cos logos do 25N detrás, soltou un micromachismo de libro na rolda de prensa, co amparo dos xornalistas presentes.

O que para moitos é unha frase “típica”, “normal”, “sen mala intención”, para asociación A terra, o balón mais elas é unha clara mostra de “falta de respecto ás mulleres”.

“Parécenos lamentábel que neste día marcado, minutos despois de ler un manifesto en contra da violencia machista, coa publicidade da campaña ás súas costas, faga un comentario faltándolle ao respecto ás mulleres. Non podemos entender como unha persoa, nunha contorna profesional, se mostre tan cómodo pronunciando esas palabras e non leve a unha reacción inmediata por parte do club. Pensamos que un club como o RC Deportivo debería establecer nos seus códigos internos unha persecución contra o tipo de “chascarrillos” do estilo do manifestado por Cano Moreno, que non fan máis que asociar o fútbol a comportamentos criticados en calquera outro contexto social dos nosos tempos e das nosas democracias”, denuncia a entidade.

Unha  Asociación que naceu “como unha necesidade para que o fútbol mude moitos dos seus discursos inadecuados e as manifestacións do señor Cano Moreno obriganos a reaccionar só dous días despois da nosa presentación”.

Por iso, piden que “o señor Óscar Cano Moreno pida desculpas públicamente por abafallar as mulleres”.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide a máxima pena para os acusados polo crime de Samuel Luiz

A Fiscalía Provincial da Coruña, na súa Sección de Delitos de Odio e Discriminación,...

Pasea polo medio de Cambre cun machete de 45 centímetros de folla

AA Policía Local de Cambre denunciou a un mozo que paseaba pola contorna do...

Olladas doutro tempo: Panorámicas e Vidros

Os Castros sempre foi un mirador privilexiado, con certa altura e un ángulo grande...

O Muncyt recibe máis de 55.000 vistas anuais

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou a sede coruñesa do Museo...