InicioECONOMÍAA Universidade disporá en 2023 dun orzamento de 168,4 millóns, un 14...

A Universidade disporá en 2023 dun orzamento de 168,4 millóns, un 14 % máis que no 2022

Publicada o

Por europapress

O claustro da Universidade da Coruña (UDC) aprobou este xoves por unanimidade as liñas xerais da programación orzamentaria para o exercicio do ano 2023, que presentou o vicerreitor de Economía e Planificación Estratéxica, Domingo Calvo.

Nunha sesión presidida polo reitor, Julio Abalde, o vicerreitor aproveitou para reclamar da Xunta un maior financiamento estrutural para o ensino público universitario, moi afectado, explicou, pola subida dos desembolsos imprevistos polo aumento de gastos correntes.

En canto ao orzamento do próximo ano, segundo informa o reitorado, sitúase nos 168,44 millóns de euros, cun incremento do 14 % con respecto ao ano 2022.

Os gastos de persoal aumentan principalmente polo incremento retributivo. Tamén no capítulo de gastos e como consecuencia da subida dos prezos das materias primas e da crise enerxética, os gastos correntes.

No capítulo de investimentos, o vicerreitor destacou o incremento para o exercicio 2023 dun 60 %, no que destaca o crecemento do investimento tanto material como inmaterial.

Calvo subliñou varios elementos como o desenvolvemento de ecosistemas de innovación, o impulso de I+D+i, o apoio aos centros de investigación e o investimento en enerxías renovables e en proxectos de eficiencia enerxética.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...