InicioSOCIEDADEOs usuarios de BiciCoruña poderán formarse en circulación o luns

Os usuarios de BiciCoruña poderán formarse en circulación o luns

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, organiza unha xornada de formación en materia de circulación e normativa dirixida ás persoas usuarias de BiciCoruña.

Esta iniciativa conta coa colaboración da Asociaión Mobi-liza. A xornada terá lugar o luns, día 19, de 11.30 a 13.30 horas, coincidindo coa posta en funcionamento da nova estación de BiciCoruña que se situará na avenida de Arteixo.

Por outra banda, nesta xornada, a alcaldesa, Inés Rey, visitou o centro deportivo do Castrillón, que desde este xoves quedou aberto ao público e que incluirá actividades deportivas organizadas de maneira gratuíta ata final de ano.

“Coa apertura deste centro deportivo cumprimos unha demanda histórica dos veciños e das veciñas, que están a mostrar a súa satisfacción polo resultado do traballo que levamos a cabo”, sinalou a alcaldesa.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

A Xunta di non ter constancia de “tantas queixas” co problema de buses na Intermodal da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, admitiu posibles "desaxustes" nalgún servizo...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...