InicioSOCIEDADEAs universidades da Coruña e Vigo alertan da "abrupta caída" de mulleres...

As universidades da Coruña e Vigo alertan da “abrupta caída” de mulleres en titulacións TIC

Publicada o

Por europapress

As universidades da Coruña e Vigo alertaron da “abrupta caída” de mulleres en titulacións TIC, na presentación das súas iniciativas para facer fronte á brecha de xénero neste ámbito.

Así o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Xulio Abalde, alertou do “baixísimo” porcentaxe de mulleres que cursan o grao de Enxeñaría Informática en Galicia, “un 12%”, precisou. Estas consideracións expuxéronse nunha rolda de prensa, no reitorado coruñés, na que a UDC, a Universidade de Vigo (UVigo) e a Cátedra Albada-Wib presentaron as súas iniciativas para facer fronte a esta brecha de xénero.

No acto, Abalde estivo acompañado polo reitor da UVigo, Manuel Reigosa; a directora da área de Igualdade d Uvigo, Águeda Gómez; a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC, Cristina López, e o socio director de Aldaba, Enrique Fernández. Tamén participaron as directoras da Cátedra, Virginia MatO, pola UDC, e Alma María Gómez, por UVigo, que presentaron o BBG-TIC: Barómetro da brecha de xénero nos estudos TIC.

CONCLUSIÓNS

A pesar dos datos actuais, Abalde subliñou que nas tres universidades de Galicia está a porse en marcha un grao de Intelixencia Artificial, que na UDC conta cun 32% de mulleres, e o grao de Ciencia e Enxeñaría de Datos, cun 37%. “Quizá temos unha certa esperanza”, declarou respecto destas cifras. Abalde apelou, no entanto, á implicación das empresas, as administracións e os medios de comunicación para tentar conseguir “un maior número de vocacións femininas”.

Reigosa, pola súa banda, manifestou que “para facer un país mellor” é preciso establecer novas políticas e destacou que ambas as universidades apostan por unha posición “radicalmente feminista”.

BARÓMETRO

En canto ao BBG-TIC, segundo explicaron as directoras da cátedra, trátase dunha ferramenta web que está a disposición de toda a sociedade de maneira gratuíta. O seu obxectivo fundamental é ter un coñecemento “exhaustivo” da realidade e comprobar se as iniciativas que se están levando a cabo para tentar reducir esta brecha de xénero “realmente” obteñen resultados positivos e conseguen frear a “abrupta caída” de mulleres nas titulacións TIC.

Dos datos que reflicte o barómetro, Gómez resaltou o ano con maior matrícula de alumnas nas titulacións TIC, “un 20% no 2011-2012“. “O mellor ano é substancialmente malo”, dixo. Incidiu tamén é un aspecto “moi positivo” que é que os resultados académicos obtidos polas mulleres son “en xeral lixeiramente mellores que os dos seus compañeiros”.

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...