InicioCULTURAInaugurado o I Premio 'Xoán Vicente Viqueira' de investigación en ciencias sociais...

Inaugurado o I Premio ‘Xoán Vicente Viqueira’ de investigación en ciencias sociais e innovación

Publicada o

Por europapress

A Deputación da Coruña publicou, no Boletín Oficial da Provincia (BOP), a apertura do prazo para presentar candidaturas ao I Premio ‘Xoan Vicente Viqueira’, de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación.

As bases, que foron realizadas conxuntamente co Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoan Vicente Viqueira grazas á mediación do Concello de Bergondo, municipio onde residía o escritor, establecen que se poderán presentar as candidaturas, de maneira telemática, ata o 31 de xaneiro, ás 14.00 horas.

A deputada de Educación, Sandra González, destacou a importancia de Viqueira, ao que se lle adicou o Día das Letras Galegas no ano 1974, polo desenvolvemento do pensamento filosófico “e o progreso da educación en Galicia”.

Tamén definiu este certame como “unha aposta por recoñecer o traballo que fan persoas ou institucións nun campo de tanta transcendencia como o das ciencias sociais e humanidades”.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...