InicioSOCIEDADEPiden axuda para Diego, incapacitado por unha esclerose múltiple progresiva

Piden axuda para Diego, incapacitado por unha esclerose múltiple progresiva

Publicada o

Por editor
“Estou a recadar fondos para o meu amigo Diego e a súa familia (Esther e a pequena Lia), logo de que en 2020, en plena pandemia, lle restrinxiran o contrato e xusto semanas despois fora diagnosticada con Esclerose Múltiple Progresiva“, conta Elisabeth Castro Jimenez nunha campaña posta en marcha na plataforma GoFundMe.
Esther, a súa muller, é a súa coidadora, a que se encarga del, e por iso non pode buscar un traballo. Por iso, pide que lle dean a gran invalidez ao seu marido para poder afrontar os gastos. Agora mesmo, Diego, atópase esperando a que as administracións lle dean a gran invalidez xa que pasou dous anos e empeorou. “Vive completamente nunha cama”, indica Castro.
“Esta causa é para botarlles unha man, mentres esperan ás administracións (xa sabemos que llo toman con calma e neste caso, a vida de Diego segue estando nunha cama). Necesitan arranxar o piso para que Diego poida levantarse sen ter dependencia, afrontar os gastos de electricidade, un suspiro”, agrega a autora da campaña.
Elisabeth Castro e os compañeiros de traballo de Diego son os que queren viralizar esta campaña até o 7 de xaneiro para, quen poida, sume “o seu grao de area”.

ÚLTIMAS

O alcalde de Oleiros lanza unha campaña contra Trump nos paneis informativos municipais

O alcalde do municipio coruñés de Oleiros, Ángel García Seoane, de Alternativa dos Veciños,...

Os bombeiros da Coruña superaron as 2.000 actuacións durante o ano 2025

Os bombeiros da Coruña prestaron un total de 2.026 actuacións en 2025, unha cifra...

A CGT homenaxeou na Agra do Orzán ás vítimas do franquista “Patronato de Protección de la Mujer”

Emoción a flor de pel a vivida onte no salón de actos da Casa...

A Feira Biocultura & Ecoturismo espera 15.000 visitantes esta fin de semana no ExpoCoruña

A Feira de BioCultura regresa á Coruña na súa 8ª edición,  para achegar a...