InicioECONOMÍAA Cámara de Comercio da Coruña organizou case 200 actividades formativas en...

A Cámara de Comercio da Coruña organizou case 200 actividades formativas en 2022

Publicada o

Por europapress

A Cámara de Comercio da Coruña organizou en 2022 un total de 189 cursos nos que participaron 1.932 persoas ao longo de 14.848 horas. Segundo informa o organismo cameral, esta actividade formativa enmárcase, por unha banda, “no obxectivo da entidade de achegar ao sector empresarial da demarcación cameral, amplas opcións formativas que poidan satisfacer as súas necesidades, pero tamén para contribuír á formación de persoas desempregadas, fundamentalmente novas, para a súa incorporación ao mercado laboral”.

No ámbito da formación empresarial, o seu plan formaativo, programado semestralmente, sumou 67 actividades, cun total de 1.158 horas e 1.090 asistentes. Doutra banda, en 2022 a Cámara organizou 122 cursos formativos para a capacitación ao emprego, dirixidos, por unha banda, a mozos menores de 30 anos e por outra, a persoas desempregadas, inactivas ou en situación de ERTE de entre 45 e 60 anos. Neles, impartíronse 13.690 horas de formación e participaron 842 asistentes.

ÚLTIMAS

Outra noite de pelexas na Coruña sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...

Rapahel suspende o seu concerto minutos antes de comezar a súa actuación na Coruña

Raphael suspendeu o concerto previsto para a noite do sábado, 21 de novembro, no...

Ferido grave un mozo de 18 anos tras ser atropelado por un coche no paseo marítimo

Un mozo de 18 anos resultou ferido grave na Coruña tras ser atropelado por...

Centos de persoas protestan contra Vito Quiles na Coruña: amplo despregamento policial e berros contra o fascismo

Varios centos de persoas secundaron unha protesta na Coruña contra o "fascismo" ante a...