InicioSOCIEDADEA Xunta termina as 40 primeiras vivendas de promoción pública no barrio...

A Xunta termina as 40 primeiras vivendas de promoción pública no barrio de Xuxán

Publicada o

Por europapress

As primeiras 40 vivendas de promoción pública (VPP) construídas pola Xunta no barrio coruñés de Xuxán (o antigo Parque Ofimático) xa están terminadas.

Con motivo da conclusión desta actuación, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou este luns una das dúas vivendas adaptadas para persoas con diversidade funcional coas que conta o edificio, onde anunciou que o seu departamento segue dando pasos para promover outras 98 vivendas de promoción pública en dúas parcelas localizadas nesta mesma zona.

A conselleira apelou á aposta do goberno local polo desenvolvemento residencial deste barrio da cidade da Coruña. Tamén indicou que a previsión é chegar a pór a disposición dos coruñeses en Xuxán unhas 1.100 vivendas protexidas das cales, indicou, unhas 800 xa están construídas ou en diferentes fases de execución e proxecto.

Tras explicar que, a falta de pequenas correccións, os traballos de execución están completamente terminados, a conselleira avanzou que nos próximos días está previsto que se recepcionen as obras para poder empezar co resto de trámites administrativos e coa solicitude de licenzas. As 40 novas VPP de Xuxán adxudicaranse en réxime de aluguer.

ÚLTIMAS

O Concello propón unha nova adxudicación das Escolas infantís ante as críticas da oposición e das xestoras actuais

Segue dando tumbos o polémico concurso da xestión das 8 Escolas Infantís Municipais. O...

A CIG denuncia unha agresión sexual a unha empregada do SAF de Arteixo e o Concello confirma activación do protocolo

O sindicato CIG denunciou este venres unha agresión sexual a unha traballadora do Servizo...

As familias do CEIP Cidade Vella comezan unha nova serie de mobilizacións pola seguridade no centro

As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro,...

A Deputación da Coruña contará en 2027 cun orzamento de case 294 millóns, un 14,6 por cento máis

O pleno da Deputación da Coruña aprobou un orzamento de cas 294 millóns de...