InicioSUCESOSDetidas tres persoas por tráfico de cocaína e MDMA nun local de...

Detidas tres persoas por tráfico de cocaína e MDMA nun local de lecer do barrio de Matogrande

Publicada o

Por europapress

Policía Nacional detivo na Coruña a tres homes por tráfico de sustancias estupefacientes no interior dun local de lecer do barrio de Matogrande.

Segundo informa a Xefatura Superior de Policía, ás sete da mañá do pasado día 13 iniciouse un dispositivo integrado por Policía Nacional e Policía Local.

Ademais das detencións, foron intervidas nove papelinas de cocaína e 14 papelinas de MDMA, “todas elas dispostas para a súa venda e consumo, así como diñeiro e dous vehículos relacionados coa actividade delituosa”.

Así mesmo, varios clientes do establecemento foron propostos para sanción administrativa por posesión de sustancia estupefacientes.

Estas detencións enmárcanse dentro do dispositivo contra o menudeo de drogas que a Policia Nacional, concretamente o Grupo de Tráfico Medio apoiado pola Brigada de Seguridade Cidadá, desenvolve desde o pasado ano, tendente á desarticulación de puntos negros de vendas polo miúdo de drogas na cidade.

Os detidos foron postos a disposición do xulgado de instrución en funcións de garda, que decretou o ingreso en prisión dun deles.

ÚLTIMAS

Mobilización en Abanca contra a represión sindical e pola readmisión de dúas delegadas despedidas

Traballadores e traballadores de Abanca concentráronse este venres, unha vez máis, diante da oficina...

O PSdeG atribúe á “estratexia” do partido a substitución de Rivas por Abalde: “Son dúas persoas extremadamente válidas”

A deputada do PSdeG Silvia Longueira atribuíu á "estratexia do partido" a substitución de...

Gonzalo Castro sobre a sinatura da licenza dun festival o mesmo día do seu comezo: “Se aplicamos os criterios de forma estrita non se...

Durante o pleno de onte, ademais de tratar a mala xestión do Noroeste, o...

O pleno aproba a ordenanza de mobilidade e das praias

O patinete non se poderá subir ao bus. O Noroeste tivo o seu...