InicioOPINIÓNXornal da Coruña, un debut esperanzador para os movementos sociais

Xornal da Coruña, un debut esperanzador para os movementos sociais

Publicada o

Por editor
Un proxecto, en definitiva, moi valioso para crear unha corrente de colaboración moi viva e eficaz que permita suplir moitas das trabas que atopan os movementos sociais para dar a coñecer as súas inquedanzas. Confiemos en que a súa irrupción no panorama informativo coruñés contribúa a ampliar o reducido mundo no que se moven os movementos sociais canalizando as súas lexítimas reclamacións para que tanto institucións como veciñanza poidan formarse unha opinión razonada sobre asuntos que lles afectan. Vainos nelo cuestións tan importantes como a defensa dunha parte do patrimonio público.
A xeración dos anos das protestas veciñais de finais da ditadura e principios da Transición foi unha xeración caracterizada por unha moi particular ansia de participación e debate sobre a realidade que lle tocou vivir. Ambos momentos, a necesidade de participación e a súa implicación nos problemas das súas demarcacións, determinaron moi claramente os dous compoñentes fundamentais desta participación. Por un lado, foi unha participación baseada en agudizar as contradiccións dun sistema que mantiña barrios sen urbanizar ao consideralos como o patio traseiro da cidade, pero, por outro, era un movemento de masas e social porque foi capaz de arrastrar a xentes carentes de calquera prantexamento ideolóxico preconcebido e porque tamén contribuiu a crear as condicións precisas para acadar o primeiro concello democrático, capitaneado polo nacionalista, Domingos Merino.
Mais os tempos en que abundaban as asembleas multitudinarias e os debates a cara de perro pasaron xa. Os movementos sociais camiñan agora na Coruña por un rumbo moi distinto. Son tempos diferentes, sen dúbida, pero seguen existindo “temas quentes” como a privatización de espazos públicos, contaminación, espazos verdes devorados pola especulación, natureza e paisaxe saqueados, ritmos de vida e formas de relación social cada vez máis anónimas. Dar contido a unha confluencia institucional e social non baseada no concepto de que hai que pagar por algo que forma parte do común debe ser a gran tarefa política deste tempo. Evitarase así que os espazos comunais sigan sendo pasto da demagoxia e o arbitrismo de quenes só contemplan o común como fonte inesgotábel de plusvalías. Si fracasan esos intentos para recuperar parcelas como as do campo da Estrada-Maestranza, o antigo cuartel da Grela, o vello cárcere, a parcela do número 24 da rúa Adelaida Muro e os espazos portuarios desafectados haberá motivos serios para preocuparse. O Estado, que adoita presentarse como garante do interés xeral, observamos a miúdo como se inclina cada vez máis deica os intereses desas clases dominantes cando se trata de protexer o patrimonio público. A posición do goberno municipal ao respecto resulta inexistente, dubitativa, temerosa e corta de vista i é precisamente nestas cuestións onde se afirma ou se borra definitivamente o grao de influenza da alcaldesa.
A democracia é un réxime aberto e as  súas capacidades de expresión e representación non se circunscreben, en modo algún, á vía institucional. A existencia de plataformas cívicas plurais e dinámicas, xunto a asociacións veciñais, culturais, deportivas e recreativas sen identificación partidaria algunha, seguen a ser necesarias para denunciar a voracidade da lóxica capitalista que leva a readaptar o patrimionio histórico-cultural ás novas funcións impostas polos grupos dominantes, demolendo os espazos históricamente ocupados polas capas populares para residencia das clases dominantes e grandes corporacións financieiras. Aínda que alonxados da grande influenza cuantitativa e cualitativa da que gozaron nos anos do final da ditadura e principios da Transición, os movementos sociais seguen a ser necesarios para a mobilización social de cara a construir unha cidade máis habitábel e solidaria.
Devolver aos movementos sociais a súa dimensión mobilizadora e reivindicativa, asumir que a humanización da cidade só é sostíbel na medida en que o cidadán participe activamente e que todo o atentado contra o patrimonio público o é contra si mesmo, son algúns dos compoñentes de fondo para non ter que falar dos movementos sociais como algo mortuorio.
  • Ricardo Vales é expresidente da Asociación Veciñal de Atochas-Monte Alto e responsábel de comunicación do Club de Opinión Foro Cívico e da plataforma cívica Defensa do Común.

ÚLTIMAS

O hospital universitario da Coruña, o mellores centro galego no índice do Instituto Coordenadas

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña mantense como o principal centro de Galicia, segundo o...

Captar fondos e investigadores internacionais, obxectivos da UDC entre 2025-2027

A Universidade da Coruña (UDC) presentou a súa nova Estratexia de Internacionalización para ou...

Galicia Magic Fest encherá o Colón de maxia estes 2 e 3 de xaneiro

O Galicia Magic Fest chega á súa oitava edición cun gran elenco de ilusionistas...

O proxecto construtivo da Cuarta Rolda incorporará a conectividade cos polígonos de Agrela, Pocomaco e Vío

O proxecto construtivo da Cuarta Rolda incorporará a conectividade cos polígonos empresariais de Agrela,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here