InicioBARRIOSManuel Rivas, nomeado Cabaleiro de Honra pola Real Orde de María Pita

Manuel Rivas, nomeado Cabaleiro de Honra pola Real Orde de María Pita

Publicada o

Por editor

Entre sombreros, medallóns, togas e pergaminos, Manuel Rivas recibíu esta mañá no Salón de Plenos de María Pita, a distinción como Cabaleiro de Honra da mans da Real Orde de María Pita.

O acto contou coa presidencia compartida da alcaldesa da cidade, Inés Rey e o Presidente da entidade coruñesa, José Duarte.

A entidade quere recoñecer o “traballo e papel de Manuel Rivas no mundo das letras e da literatura, no que ten un excelente Obra con numerosos títulos en galego. Nelas destaca o uso da lingua, o a autenticidade das súas historias e o compromiso sociopolítico amosado”.

O recentemente distinguido polo Ministerio de Cultura do Goberno de España coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, agradeceu a cita e lembrou que se trata dunha asociación que contribúe a crear comunidade “algo importante nos momentos de caos”, dixo o autor. Rivas lembrou “a importancia da identidade coruñesa entrelazada co mar e coa liberdade”, mentres fixo un paseo pola súa historia na cidade sempre dende o barrio de Monte Alto e a torre de Hércules. “A película da vida está feita a partir destas estampas. A Coruña é o meu punto de partida. Foi o xerme do meu xornalismo, do meu literatura, xurdida do instituto Monelos, a primeira escola mixta da cidade, e as horas de meritorio en “El Ideal Gallego”, grazas ao cal me iniciei no xornalismo, que me abriu as portas foron o comezo de moitos camiños”.

Rematou pedindo unha “Coruña é cada vez máis o lugar da comunidade, o lugar do mar, da igualdade, o lugar onde exercer o dereito a soñar e a amar”.

Rivas une o seu nome a outros como Fernando Romay, recoñecido o ano pasado, ademais doutros persoeiros como os empresarios Roberto Tojeiro e José María Rivera, os políticos Gerardo Fernández Albor ou Fernando González Laxe, científicos como Ángel Carracedo e Isaac Díaz Pardo ou mecenas como Margarita Puente ou Rosalía Mera.

ÚLTIMAS

Concello e Deputación renovan o convenio para a xestión da Casa de Acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero

O Concello e a Deputación da Coruña asinaron este viernesun novo convenio de colaboración...

Outro venres ás portas do esfolado CEIP Prácticas

Despois de todo un ano de mobilizacións, a comunidade escolar do CEIP Prácticas volveu...

As praceiras volverán ao Mercado de Monte Alto a segunda quincena de decembro

Anunciou onte o voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, no longo pleno celebrado...

O persoal das Escolas Deportivas Municipais presentou 1.500 sinaturas e reivindicou as súas demandas no escano cidadán

O edil de Deportes quixo deixar claro que “a relación laboral é entre...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here