InicioARTEIXOMelandrainas prepara, con premio, a estrea da súa obra máis diversa e...

Melandrainas prepara, con premio, a estrea da súa obra máis diversa e plural

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

”Flores de Ferro”, a obra da larachesa María Rei Vilas, gañou o pasado 2020 o Premio de Novela García Barro. Unha obra que arrasou pola comarca e que agora, o grupo Melandrainas de Arteixo, está levando ao teatro.

Queda aínda tempo para a gran estrea, o 27 de marzo polo Día internacional do Teatro, no Teatro Colón da Coruña, pero a preparación é máis que necesaria. Marga Fernández é a directora dun grupo de 60 persoas, dende rapazas ata avoas, entre actores, actrices, equipo técnico… Porque a adaptación non é cousa sinxela. Engade elementos audiovisuais, e un formato de escena moi esixente para tratar un tema tan necesario como o da memoria das vítimas silenciadas da represión.

O primeiro premio

Así, a entidade vén de recibir a boa nova de que a Deputación vailles outorgar un dos Premios “Luisa Villalba” do Departamento de Igualdade.

De Asociación a Cooperativa

”Melandrainas naceu como unha Asociación, pero sempre moi relacionadas co teatro”, explícanos Marga. “Temos unha escola de teatro, con diferentes grupos de todas as idades. E fai 8 anos que montamos un café cultural, Café Cultural Melandrainas, polo que agora temos un apoio da parte hostaleira, formalizada como Cooperativa”.

Nunha das sesións literarias que artella a entidade no Café, aló por outubro de 2021, María Rei Vilas encandilou ás presentes, entre as que se atopaban a propia Marga e Queta. Así xuntáronse e canda Monica Pan, Nacho Varela e Antía Fernández, forman o equipo que está guionizando e teatralizando a nivela.
Pero a cousa non é sinxela, porque a obra salta no tempo “e teatralmente é moi complexo. Así que coa axuda dunha persoa que controla do tema audiovisual, e facendo esa mistura, comezamos a darlle un pouco de forma, na que o audiovisual, sobre todo recolle aquelas escenas de 1940 que ten o libro”.

Todo feito na casa, partindo de 0, e o que xa se pode ver a día de hoxe (a web www.floresdeferro.art, o cartel, vídeos, tempo empregado, sesións de gravación…) é feito na casa. “Todo parte con 0 euros, sen presuposto, pero con moita ilusión, contactos… Un proxecto bastanta altruísta, a verdade. Dende Melandrainas axudamos con varios cáterings das sesión de gravación e si que ao principio puxemos un pequeno micromecenazgo para is sufragando algúns gastos, pero moi pouco”.

Si que contan cunha axuda da Deputación e a colaboración constante do Concello de Arteixo, por exemplo, na cesión do auditorio para os ensaios, onde contan, por suposto, tamén representar á obra máis pronto que tarde.

Diversidade como marca da casa

Son 62 persoas na equipa total, con 30 en escena, todos da casa. “O peso teatral o leva o grupo Pasapadentro, pero hai xentes de todos os grupos da escola. Ademais, con moita diversidade, dende o máis pequeno, que tiña 5 meses cando lle fixemos a gravación, ata unha persoa maior que ten 87 anos, que actúa en escena”, explícanos.

”A verdade está a ser unha experiencia moi bonita. Foi un recoller a todo o mundo, con novos, maiores, xentes con diversidade (somos varios con discapacidade, incluída eu mesmo cunha física). Un proxecto aberto á pluralidade da vida. Nós xa o facemos dende sempre, forma parte da identidade de Melandraina”.

A gran estrea

Agora, contan os días para que chegue o 27 de marzo, cando polo Día Internacional do Teatro, fagan a gran estrea no Teatro Colón.

&nsp

ÚLTIMAS

Sísifo abre as portas da sociedade a base de calor

Levamos estas semanas falando dos cimentos da nosa sociedade, desas infraestruturas máis básicas do...

O metrosidero de 200 anos do cuartel da Policía Local, ao concurso estatal da Árbore do Ano

No interior do cuartel da Policía Local de Orillamar gardan un fermoso tesouro. Ademais...

Detido por ferir cun coitelo a outro nun bar da Coruña

A Policía Nacional arrestou este luns, ao redor das 07.00 horas, a un home...

Inés Rey dubida da palabra da Xunta sobre Medicina e acusa ao Goberno galego de “arcaico”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, expresou as súas dúbidas sobre a “palabra” da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here