InicioSOCIEDADEA alcaldesa da Coruña apela a deseñar "entre todos" protocolos antiacoso en...

A alcaldesa da Coruña apela a deseñar “entre todos” protocolos antiacoso en locais de lecer

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, avogou por deseñar “entre todos” protocolos antiacoso en locais de lecer, ao ser preguntada pola formulación feita a este respecto pola Marea Atlántica.

“Todas esas cousas que sexan positivas, creo que é conveniente importalas”, dixo aludindo ao deseñado en Cataluña. “Se podemos entre todos deseñar un protocolo similar que se implante aquí en todos os locais de hostalaría, á miña paréceme unha idea fantástica”, apostilou.

Fíxoo tras destacar a actuación “rápida” do porteiro do local de lecer onde se produciu unha presunta agresión sexual a fin de semana na cidade herculina, á vez que volveu a condenar “actitudes que non teñen lugar nunha sociedade democrática avanzada”.

Ao fío diso, sinalou que o goberno municipal “vai ter sempre toda a disposición, toda a colaboración co sector e coa Delegación do Goberno e con quen faga falta, a comunidade autónoma, para que este tipo de protocolos implantar”.

ÚLTIMAS

(VÍDEO): Desaloxan varios colexios da Coruña tras recibiren sendas falsas ameazas de bomba

Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho, o...

Máis dun centenar de obras preséntanse aos Premios Mestre Mateo, con entrega de galardóns en febreiro

Un total de 155 obras presentaron candidatura aos XXV Premios Mestre Mateo, cuxa gala...

A Coruña aposta por un Nadal “sustentable e responsable” nunha nova edición da Casa dos Xoguetes

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC),...

O coruñés Daniel Agra regresa ao India Photo Fest con catro fotografías

O artista galego Daniel Agra presenta catro fotografías da súa serie Tesseract Daydreams no...