InicioSOCIEDADEVeciños da Coruña afectados pola construción do Parque Ofimático recuperarán a titularidade...

Veciños da Coruña afectados pola construción do Parque Ofimático recuperarán a titularidade das súas vivendas

Publicada o

Por europapress

Os veciños afectados pola construción do Parque Ofimático –actual barrio de Xuxán– recuperarán a titularidade das parcelas onde teñen situadas as súas vivendas tras chegar a un acordo co Concello da Coruña.

Así o anunciaron en rolda de prensa a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, e o concelleiro de Urbanismo, Francisco Díaz Gallego. “O acordo xa está asinado por parte do tres familias afectadas, agora temos que levalo a Xunta de Goberno local”, sinalou Díaz.

O concelleiro explicou que o Concello mantén “exactamente” os metros cadrados dotacionais do polígono “pero cunha reordenación das parcelas que hai que modificar no plan parcial”.

A alcaldesa, pola súa banda, recalcou que este acordo soluciona un conflito “aberto hai máis de 15 anos” cando a construción do parque implicou que se desafectaran varias casas da marxe dereita de Alfonso Molina en sentido saída. Aos seus donos compensóuselles con edificabilidade.

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

Estes son os finalistas dos Premios Martín Códax da Música, os “grammy galegos”

Fixéronse públicos onte públicoss finalistas dos Premios Martín Códax da Música. As bodegas de...