InicioA CORUÑAInvestigadores da UDC participan nun proxecto europeo para desenvolver os dereitos da...

Investigadores da UDC participan nun proxecto europeo para desenvolver os dereitos da infancia con plataformas de participación

Publicada o

Por monchomarino

Investigadores da Facultade de Educación da Universidade da Coruña (UDC) participan nun proxecto europeo para profundar nos dereitos da infancia co obxectivo de crear plataformas de participación infantil e desenvolver plans estratéxicos municipais con nenos de entre oito e 12 anos.

Segundo informou a UDC nun comunicado, o estudo “IMCITIZEN. Implementing Children Participation Platforms. Active citizens in decision-making” conta cun financiamiento de case 500.000 obtido dun programa impulsado pola Comisión Europea para protexer e promover os dereitos e os valores da Unión Europea.

O proxecto, que dá comezo este mes, terminará en 2025 e será aplicado en seis concellos: Madrid, Barcelona, A Coruña, Mislata, Castrillón e Azuqueca.

EQUIPO DE TRABALLO

O equipo de traballo está formado polas universidades de Barcelona, Complutense de Madrid e A Coruña; as asociacións Centro Trama e Los Glayus (Asturias); a federación provincial de nais e pais de alumnos de centros públicos da Coruña; e o Concello de Mislata (Valencia).

Este estudo está comprometido cunha participación “inclusiva, significativa, auténtica, sustentable, vinculante, transformadora, segura e creativa”. O seu obxectivo é atopar cambios sistémicos nos mecanismos de participación da infancia para incidir de maneira significativa nas políticas públicas e a educación da identidade cívica e democrática dos nenos e nenas.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here